Tritón (lúa)
| Tritón | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||||
|
Epónimo
| |||||||||
|
Composto por
| |||||||||
|
Astro pai
| |||||||||
| Características orbitais | |||||||||
| Excentricidade orbital | 0 | ||||||||
| Inclinación orbital | 129,812 °, 156,885 ° e 129,608 ° | ||||||||
| Período orbital | −5,876854 DD | ||||||||
| Semieixo maior | 354.759 km | ||||||||
| Características físicas | |||||||||
| Diámetro | 2.700 km | ||||||||
| Radio | 1.353,4 km | ||||||||
| Masa | 21,39 Yg | ||||||||
| Densidade | 2,061 g/cm³ | ||||||||
| Gravidade superficial | 0,779 m/s² | ||||||||
| Superficie | 23.018.000 km² | ||||||||
| Volume | 10.384.000.000 km³ | ||||||||
| Albedo | 0,76 | ||||||||
| Temperatura | 38 K | ||||||||
| Magnitude aparente | 13,47 | ||||||||
| Magnitude absoluta | −1,2 | ||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||
|
Descubridor/a
| |||||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||||
|
Data descuberta
| |||||||||
| Localización | |||||||||
|
Localización descubrimento
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||
Tritón é un satélite natural de Neptuno que se encontra a 4.500 millóns de quilómetros da Terra. Posiblemente sexa o astro máis frío do Sistema Solar (-235 °C).
Descuberta e características
[editar | editar a fonte]Descuberto por William Lassell en 1846, só 17 días despois do propio descubrimento do planeta, debe o seu nome ao deus Tritón da mitoloxía grega. Está desfigurado por violentas erupcións volcánicas e a súa superficie xeouse e fundeuse repetidamente, quedando así sucada dunha rede de enormes gretas.
Tralo paso do Voyager 2 polas súas proximidades, unhas enigmáticas imaxes revelaron o que parecían ser géyseres de nitróxeno líquido emanados dende a súa superficie xeada. Este descubrimento mudou o concepto clásico do vulcanismo xa que, ata entón, supoñíase que os corpos xélidos non deberían estar xeoloxicamente activos. Tritón demostrou que para que houbera actividade xeolóxica basta cun medio fluído, sexa rocha fundida, nitróxeno ou auga.