(84522) 2002 TC302
| (84522) 2002 TC302 | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Designación provisional
| |||||||
|
Época
| |||||||
|
Astro pai
| |||||||
|
Grupo menor
| |||||||
| Características orbitais | |||||||
| Apoapse | 72,560854209018 au | ||||||
| Periastro | 39,113327987587 au | ||||||
| Argumento de periastro | 86,7 ° e 86,070194988923 ° | ||||||
| Excentricidade orbital | 0,297 e 0,29950992757257 | ||||||
| Inclinación orbital | 34,976 ° e 35,007952456598 ° | ||||||
| Período orbital | 152.399,17097469 d | ||||||
| Período de rotación | 56,1 h | ||||||
| Semieixo maior | 55,0695975 au e 55,837091098303 au | ||||||
| Lonxitude do nó ascendente | 23,9 ° e 23,825377522842 ° | ||||||
| Anomalía media | 321,5 ° e 331,72808681708 ° | ||||||
| Tempo de periapse | 2.472.968,8781415 | ||||||
| Características físicas | |||||||
| Diámetro | 500 km | ||||||
| Albedo | 0,147 | ||||||
| Magnitude absoluta | 3,8 e 3,92 | ||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
|
Descubridor/a
| |||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||
|
Data descuberta
| |||||||
|
Precedido por
| |||||||
|
Sucedido por
| |||||||
| Localización | |||||||
|
Localización descubrimento
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
(84522) 2002 TC302 é un grande obxecto trans-neptuniano de cor vermella, que está nunha resonancia orbital de 2:5 con Neptuno. Foi descuberto o 9 de outubro do ano 2002 por Mike Brown e o seu equipo, dende o observatorio de Palomar.[1] Na lista de candidatos a planeta anano do sitio web de Mike Brown, aparece con altas probabilidades de que sexa un planeta anano.[2]
Candidato a planeta anano de gran tamaño
[editar | editar a fonte]2002 TC302 ten unha magnitude absoluta (H) de 3.78,[3] e o Telescopio Espacial Spitzer estimoulle un diámetro de 1145 (+ 337 - 325) km.[4] Isto cualifícao coma un dos candidatos a planeta anano de maior tamaño. Con todo, Brown sinala que a medición do seu diámetro está circunscrita a un potencial grande erro, e que o obxecto podería ser menor, facendo que as posibilidades deste obxecto para acada-lo status de planeta anano, sexan "altamente probables" no canto de "practicamente seguras", sempre na opinión de Brown.[2]
Características físicas
[editar | editar a fonte]O espectro vermello suxire que 2002 TC302 ten moi pouco de xeo fresco na súa superficie, iso podería explicar por que ten un albedo de 0,03, que é menor co albedo típico dos obxectos trans-neptunianos. Por exemplo, 55565 Aya ten un albedo estimado máis grande (≈ 0,12), que da coma resultado unha brillante magnitude absoluta (H = 3,3), pero unha estimación de tamaño menor (≈ 730 km).[4] O seu período de rotación máis probable é de 5,41 h, e ten unha amplitude da curva de luz de 0,04 ± 0,01 mag.[5]

Órbita
[editar | editar a fonte]2002 TC302 acadará o seu perihelio no ano 2058.[3] O seu perihelio (a distancia mínima respecto do Sol) está a unha distancia de 39,1 UA,[3] que é a mesma distancia do semi-eixo maior (distancia media respecto do Sol) de Plutón. Está clasificado coma un obxecto do disco disperso.[6][7] Dada a longa órbita que os TNOs teñen ó redor do Sol, 2002 TC302 está en oposición a finais de outubro de cada ano, cunha magnitude aparente de 20,5.[8] Foi observado 76 veces ó longo de 9 anos.[3]
Resonancia
[editar | editar a fonte]Tanto o Minor Planet Center (MPC) coma o Deep Ecliptic Survey (DES) amosan ó candidato a planeta anano cunha resonancia orbital de 2:5 con Neptuno.[7][9] Debido a esta resonancia, completa 2 órbitas por cada 5 órbitas de Neptuno. A partir de 2009, é o candidato a planeta anano de maior tamaño do que se ten constancia, que estea en resonancia con Neptuno e non sexa un plutino. (Os plutinos son obxectos cunha resonancia con Neptuno de 2:3. Para cada dúas órbitas que un Plutino fai, Neptuno fai 3).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Brian G., Marsden (07-11-2002). "MPEC 2002-V26 : 2002 TC302". IAU Minor Planet Center. Harvard-Smithsonian Center for Astrophysics. Consultado o 06-01-2010.
- 1 2 Michael E. Brown. California Institute of Technology, ed. "How many dwarf planets are there in the outer solar system? (updates daily)". Consultado o 25-08-2011.
- 1 2 3 4 "JPL Small-Body Database Browser: 84522 (2002 TC302)". 25-10-2009 últimas observacións. Consultado o 02-01-2011.
- 1 2 Physical Properties of Kuiper Belt and Centaur Objects: Constraints from Spitzer Space Telescope, John Stansberry, Will Grundy, Mike Brown, Dale Cruikshank, John Spencer, David Trilling, Jean-Luc Margot; (2007)
- ↑ Short-term variability of 10 trans-Neptunian objects
- ↑ Minor Planet Center (ed.). "List Of Centaurs and Scattered-Disk Objects". Consultado o 19-09-2008.
- 1 2 Marc W. Buie (16-09-2007). SwRI (Space Science Department), ed. "Orbit Fit and Astrometric record for 84522". Consultado o 19-09-2008.
- ↑ Minor Planet Center, ed. (23-07-2010 (data da época)). "(84522) 2002 TC302". Consultado o 24-10-2010.
- ↑ Minor Planet Center, ed. (10-02-2009). "MPEC 2009-C70 :Distant Minor Planets (2009 FEB. 28.0 TT)". Consultado o 05-03-2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: (84522) 2002 TC302 |
- Orbital simulation from JPL (Java) / Horizons Ephemeris
- TNO 2002 TC302 (Image of the Month, xaneiro de 2003)