Saltar ao contido

Ío (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ío
 Instancia de
 Epónimo
 Parte de
 Composto por
 Designación provisional
Jupiter I Editar o valor en Wikidata
 Astro pai
Características orbitais
Apoapse423.400 km Editar o valor en Wikidata
Periastro420.000 km Editar o valor en Wikidata
Excentricidade orbital0,0041 Editar o valor en Wikidata
Inclinación orbital2,213 ° Editar o valor en Wikidata
Período orbital1,769137786 DD Editar o valor en Wikidata
Semieixo maior421.800 km Editar o valor en Wikidata
Características físicas
Diámetro3.660 km Editar o valor en Wikidata
Radio1.821,6 km Editar o valor en Wikidata
Masa89,296 Yg Editar o valor en Wikidata
Densidade3,528 g/cm³ Editar o valor en Wikidata
Gravidade superficial1,796 cm/s² Editar o valor en Wikidata
Superficie41.910.000 km² Editar o valor en Wikidata
Volume2.530.000.000 km³ Editar o valor en Wikidata
Albedo0,63 Editar o valor en Wikidata
Temperatura90 K, 110 K e 130 K Editar o valor en Wikidata
Magnitude aparente5,02 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Descubridor/a
Datas e cronoloxía
 Data descuberta
8 de xaneiro de 1610 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Ío é o satélite máis próximo do planeta Xúpiter, descuberto por Galileo Galilei co recentemente creado telescopio. Recibe o seu nome de Ío procedente da mitoloxía grega. Trátase dun dos catro maiores satélites de Xupiter, tamén chamados galileanos, en homenaxe ao seu descubridor e recibiu inicialmente o nome de Xúpiter I por ser o primeiro satélite de Xúpiter segundo a súa proximidade ó planeta.

Características físicas

[editar | editar a fonte]

A diferenza da maior parte das lúas do sistema solar, Ío podería ter unha composición química similar á dos planetas telúricos, principalmente compostos de rochas de silicatos. Datos recentes procedentes da misión Galileo indican que pode ter un núcleo de ferro cun raio duns 900 km.

Cando a sonda Voyager 1 enviou as primeiras imaxes de Ío en 1979, os científicos esperaban atopar numerosos cráteres, proporcionando datos sobre a idade do satélite. Contrariamente ás expectativas, Ío non tiña practicamente cráteres. A lúa ten unha actividade volcánica tan intensa que borrou por completo os sinais de cráteres de impactos pasados na súa superficie. Ademais dos volcáns, a superficie conta coa presenza de montañas non volcánicas, lagos de xofre fundido, caldeiras volcánicas de varios quilómetros de profundidade e fluxos extensos de varios centos de quilómetros de longo, compostos por material fluído moi pouco viscoso (posiblemente algún tipo de composto de xofre fundido e silicatos). O xofre e os seus compostos adquiren unha gran variedade de cores, responsables da aparencia superficial do satélite.

Interior de Ío.

Ío podería ter unha fina atmosfera composta de dióxido de xofre e algúns outros gases. A diferenza dos demais satélites galileanos, carece case por completo de auga. Isto é debido probablemente a que na formación dos satélites galileanos Xúpiter estaba tan quente que non permitiu condensar os elementos máis volátiles na rexión próxima ao planeta. Aínda así, estes volátiles si puideron condensarse máis lonxe, dando lugar aos demais satélites, que amosan unha importante presenza de xeo.

En canto ao interior do satélite pode intuírse a súa composición estudando a súa densidade, que é aproximadamente 3,5 g/cm³. A densidade do ferro é de aproximadamente 5, e a do silicato é 3.

Actividade volcánica

[editar | editar a fonte]
Volcáns de Ío observados pola sonda Galileo.

Ío é o corpo do sistema solar con maior actividade volcánica. Os volcáns de Ío, a diferenza dos terrestres, expulsan dióxido de xofre. A enerxía necesaria para manter esta actividade volcánica provén da disipación a través de efectos de mareas producidos por Xúpiter, Europa e Ganimedes, dado que as tres lúas se atopan en resonancia orbital.

Algunhas das erupcións de Ío emiten material a máis de 300 km de altura. A baixa gravidade do satélite permite que parte deste material sexa permanentemente expulsado da lúa, distribuíndose nun anel de material que cobre a súa órbita.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]