Lúas de Plutón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Plutón e as cinco lúas: Caronte, Hydra, Nix, Cérbero, e Estigia o 7 de xullo de 2012. Crédito: NASA.
Imaxes de 2005 do Telescopio Hubble localizando a Hydra e Nix.

Existen cinco lúas coñecidas do planeta anano Plutón, a espera do que descubra a sonda espacial "New Horizons" da NASA no verán do ano 2015, e que na data 18 de marzo de 2011 aínda estaba a carón de Urano [1][2].

A lúa mais grande de Plutón é Caronte; Caronte, de tódolos satélites do sistema solar é a lúa mais grande en comparación co seu planeta hospede, non existe ningunha outra lúa dun tamaño tan próximo ao do planeta orbitado, producíndose o efecto de planeta duplo, o outro sistema "satélite-planeta" que ten un efecto semellante ao de Plutón e Caronte é o da Terra e a Lúa. O sistema Terra-Lúa ocupa o segundo posto (nas proporcións planeta-lúa) despois do sistema duplo Plutón-Caronte.

Hydra, Nix, Cérbero, xunto con Estigia son os outros catro satélites de Plutón, e son mais pequenos que Caronte. Hydra e Nix foron localizados nas imaxes obtidas polo Telescopio Espacial Hubble os días 15 e 18 de maio do ano 2005.Cérbero foi descuberta no 2011, polo telescopio Hubble, a derradeira lúa Estigia, descuberta tamén telescopio Hubble en nove conxuntos separados de imaxes tomadas pola Cámara de Gran Angular 3 do Hubble, os días 26, 27 e 29 de xuño de 2012 e 7 e 9 de xullo de 2012. Segundo a nota de prensa o satélite ten unha orbita coplanar (no memo plano) que a dos demais satélites de Plutón, atopase nunha orbita circular a unha distancia orbital aproximada de 58 mil quilómetros.[3][4] .


Datos das lúas de Plutón[editar | editar a fonte]

As lúas están clasificadas segundo o seu período orbital.

Lúas de Plutón
Nome Imaxe Diámetro (km) Masa (kg) Período orbital (días) Descubridor Ano
Caronte Charon.png 1207 ± 3 (1,52±0,06)×1021 6,387230 James W. Christy 1978
Estigia 10-25  ? 20.2 +/- 0.1 Telescopio espacial Hubble 2012
Nix 46 - 137 5×1016 - 2×1018 24,856 Telescopio espacial Hubble 2005
Cérbero 13-34  ? 32,1 Telescopio espacial Hubble 2011
Hydra 61 - 167 5×1016 - 2×1018 38,206 Telescopio espacial Hubble 2005

Formación[editar | editar a fonte]

O sistema de lúas ó redor de Plutón é inesperadamente complexo e podería se-lo resultado dunha colisión no pasado distante entre Plutón e outro obxecto de tamaño considerable do cinto de Kuiper.[5] As lúas de Plutón poderían se-la fusión dos cascallos xurdidos a partir dun evento destas características, semellante á teoría do Big Splash, esta teoría formula que a creación da lúa terrestre foi a partir dunha gran colisión. As resonancias orbitais podería actuar coma fendas para recolle-los materiais espallados dentro do sistema de Plutón.[6]


Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.space.com/12372-pluto-fourth-moon-nasa-spacecraft.html
  2. http://pluto.jhuapl.edu/ A sonda New Horizons comezará as manobras de aproximación a Plutón o 12 de abril do ano 2015, sendo a maior aproximación ao planeta o 14 de xullo de 2015
  3. http://hubblesite.org/newscenter/archive/releases/2012/32/
  4. «The International Astronomical Union (IAU) is announcing that the names Kerberos and Styx have officially been recognised for the fourth and fifth moons of Pluto, which were discovered in 2011 and 2012.». Unión Astronómica Internacional. Consultado o 24 de agosto de 2014. 
  5. Maugh, Thomas H. II (11-07-2012). Los Angeles Times, ed. «Astronomers find fifth moon at Pluto». Consultado o 11-07-2012. 
  6. Matson, J. (11-07-2012). «New Moon for Pluto: Hubble Telescope Spots a 5th Plutonian Satellite». Scientific American web site. Consultado o 12-07-2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]