Aneis de Neptuno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquema dos aneis de Neptuno. As liñas continuas sinalan os aneis, as descontinuas órbitas de satélites.

Os aneis de Neptuno son un sistema de aneis planetarios moi tenues e febles, compostos principalmente de po cósmico, descubertos en 1989 pola sonda espacial Voyager 2.[1] Aseméllase máis ós aneis de Xúpiter que ós aneis de Saturno ou de Urano.

O sistema consta de cinco aneis que reciben o nome dos astrónomos considerados máis salientables na investigación de Neptuno. Dende o máis interior ó máis exterior son Galle, Le Verrier, Lassell, Arago e Adams; ademais, existe un anel que coincide coa órbita do satélite Galatea.[2] Tres satélites máis, Náiade, Talasa e Despina, orbitan entre os aneis facendo a función de satélites pastores.[3]

O material dos aneis é moi escuro; trátase probablemente de compostos orgánicos producidos pola radiación da magnetosfera do planeta de xeito semellante ó dos aneis de Urano. A proporción de po nos aneis é alta, de entre o 20% e o 70%,[4] mentres que a profundidade óptica é baixa, de menos de 0,1.[5]

O anel Adams inclúe cinco arcos máis brillantes que o resto de aneis denominados Fraternidade, Igualdade 1, Igualdade 2, Liberdade e Coraxe.[2] Os arcos ocupan cada un unha pequena lonxitude orbital do total do anel. A estabilidade dos arcos non está moi clara, xa que no 2005 detectouse un considerable adelgazamento do arco Liberdade.[6] É probable que a estabilidade do anel Adams estea relacionada co satélite Galatea.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Miner, Ellis D.; Wessen, Randii R.; Cuzzi, Jeffrey N. (2007). "The discovery of the Neptune ring system". En Springer Praxis Books. Planetary Ring Systems (en inglés). ISBN 978-0-387-34177-4. 
  2. 2,0 2,1 Williams, David R. NASA, ed. "Neptunian Rings Fact Sheet" (en inglés). Consultado o 29 de novembro de 2009. 
  3. Miner, Ellis D.; Wessen, Randii R.; Cuzzi, Jeffrey N. (2007). Springer Praxis Books, ed. Planetary Ring System (en inglés). ISBN 978-0-387-34177-4. 
  4. Smith, B.A.; Soderblom, L. A.; Banfield, D.; et al. (1989). "Voyager 2 at Neptune: Imaging Science Results". Science (en inglés) 246. p. 1422. PMID 17755997. doi:10.1126/science.246.4936.1422. 
  5. Horn, Linda J.; Hui, John; Lane, Arthur L. (1990). "Observations of Neptunian rings by Voyager photopolarimeter experiment". Geophysics Research Letters (en inglés) 17. pp. 1745–1748. doi:10.1029/GL017i010p01745. 
  6. "Neptune's rings are fading away". New Scientist (en inglés) (2492). 26 de marzo de 2005. p. 21. 
  7. Burns J.A.; Hamilton, D.P.; Showalter, M.R. (2001). Springer, ed. "Dusty Rings and Circumplanetary Dust: Observations and Simple Physics" (PDF). Interplanetary Dust (en inglés) (Berlín). pp. 641–725. Consultado o 29 de novembro de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]