Saltar ao contido

Cometa Halley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cometa Halley
 Epónimo
 Designación provisional
1P/1982 U1
1P/451 L1
530
451
374
1P/374 E1
1P/295 J1
1P/530 Q1
1P/607 H1
1P/760 K1
607
760
684
1P/684 R1
837
295
218
1P/-163 U1
-86
-163
-239
1P/-239 K1
1P/218 H1
1P/-86 Q1
1P/-11 Q1
1P/141 F1
-11
141
66
1P/66 B1
1986 III
1P/837 F1
1P/912 J1
1682
1P/1682 Q1
1P/1607 S1
1P/1531 P1
1607
1531
1759 I
1835 III
1982i
1P/1758 Y1
1P/1909 R1
1P/1835 P1
1909c
912
1P/1456 K1
1P/1378 S1
1P/1066 G1
1145
1066
989
1P/989 N1
1456
1P/1145 G1
1P/1222 R1
1378
1222
1P/1301 R1
1301
1910 II Editar o valor en Wikidata
 Época
 Astro pai
 Astro fillo
Características orbitais
Apoapse35,282406265764 ua Editar o valor en Wikidata
Periastro0,57486383137434 ua Editar o valor en Wikidata
Argumento de periastro112,24143146378 ° Editar o valor en Wikidata
Excentricidade orbital0,96793599569532 Editar o valor en Wikidata
Inclinación orbital162,19053004391 ° Editar o valor en Wikidata
Período orbital27.728,046087904 d Editar o valor en Wikidata
Semieixo maior17,928635048569 ua Editar o valor en Wikidata
Lonxitude do nó ascendente59,098947206124 ° Editar o valor en Wikidata
Anomalía media274,38233713668 ° Editar o valor en Wikidata
Tempo de periapse2.446.469,9736161 Editar o valor en Wikidata
Características físicas
Diámetro11 km Editar o valor en Wikidata
Masa220 Tg Editar o valor en Wikidata
Densidade850 kg/m³ Editar o valor en Wikidata
Albedo0,04 Editar o valor en Wikidata
Magnitude absoluta5,5 Editar o valor en Wikidata
Datas e cronoloxía
 Acontecementos
 Data descuberta
466 a. C.
164 a. C.
240 a. C.
25 de decembro de 1758 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización descubrimento
Códigos e identificadores
VIAF316429983 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0ch3v Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2779544647 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX456675
Wikidata C:Commons

O cometa Halley, tamén chamado 1P/Halley, é un cometa brillante de período intermediario que retorna ás rexións interiores do sistema solar cada 75,3 anos, aproximadamente. Aínda que o nome fai referencia ao astrómono inglés Edmond Halley por determinar a súa órbita e a súa reaparición periodica, o descubrimento atribúese ao astrónomo Johan Georg Palitzsch que o descubriu o 25 de decembro de 1758, aproximadamente na data prevista por Halley para a súa reaparición (de onde vén a tradición de consideralo como o cometa do Nadal), chegou cun retardo de 618 días polo seu perihelio (ao ser perturbada a súa órbita por Xúpiter e Saturno). Halley, pola súa parte, usou datos de Kepler e Petrus Apianus para facer os seus cálculos.[1]

Características

[editar | editar a fonte]
Representación do 1P/Halley na escena XXXII do Tapiz de Bayeux. A inscrición en latín di Isti mirant stella

Orbita en torno do Sol na dirección oposta á dos planetas e ten unha distancia de perihelio de 0,59 unidades astronómicas; no afelio, a súa órbita esténdese alén da órbita de Neptuno sen pasar da órbita de Plutón. Foi o primeiro cometa en ser recoñecido como periódico, cálculo feito por Edmund Halley en 1696, co que demostrou que os cometas eran corpos que tiñan órbitas pechadas moi excéntricas. O cometa foi rexistrado por primeira vez en 240 a. C. e mostrouse visíbel a ollo nu en todas as súas 30 aparicións rexistradas. Na Gallaecia do século V d.C rexistrou a súa visita Hidacio de Chaves, os días 18 e 29 de xuño do ano 451 d.C.

Nos anos 374, 607, 837 e 1066, presentaba un brillo maior que a máis brillante das estrelas do hemisferio norte. A aparición de 1066 ficou rexistrada nas tapizarías de Bayeux.

O brillo do cometa, cando está no perihelio, ten sido interpretado como unha indicación de que este perde aproximadamente 3x1011 kg de gas e poeira en cada aparición; este valor representa cerca de 0,1% da súa masa total. As partículas de poeira maiores compoñen un grupo de meteoros que é atraído pola Terra dúas veces por ano. Isto ten como consecuencia as chuvias de meteoros Eta Aquáridas, no final de abril, e Oriónidas, no final de outubro. A masa deste fluxo de meteoros indica que o cometa está na media idade: foi capturado polo campo gravitacional de Xúpiter, que o obrigou a describir a órbita actual hai máis ou menos 200.000 anos atrás, nunha época en que o seu núcleo tiña aproximadamente 19 km de diámetro. Este núcleo agora ten máis ou menos 11 km de diámetro e dentro de 300.000 anos terá desaparecido completamente. O éxito da predición de Edmond Halley do retorno do seu cometa en 1759 foi considerado como unha proba sensacional da lei da gravitación de Newton. Na reaparición de 1986, a humanidade tiña xa 29 anos de era espacial e unha frota de naves espaciais, inclusive a sonda Giotto, foi enviada para observalo. Está previsto o seu retorno en 2061, tras un periplo de 76 anos.

Aparicións históricas

[editar | editar a fonte]

O Halley foi o primeiro(1) cometa con período orbital (P) coñecido,o calculado por Halley, e por iso chámase tecnicamente 1P ou 1P/Halley. Os cometas son visíbeis a simple vista cando se aproximan ao perihelio, ao formar a cola, neste caso a partir duns tres meses antes e ata uns tres meses despois, sen descontar o tempo en que por estar demasiado preto do sol tampouco é visible de noite. Os perihelios dos seus pasos arredor do Sol son:

  • 1P/−465 (4 de xullo a 27 de agosto do 466 AC), Grecia (citado por Aristóteles e Plinio).
  • 1P/−239 (25 de maio do 240 AC), China (Chiang,1972), Mesopotamia.
  • 1P/−163 (12 de novembro 164 AC), Babilonia.
  • 1P/−86 (6 de agosto do 87 AC), Armenia.
  • 1P/−11 (10 outubro do 12 AC), China, hipótese de Cometa do Nadal.
  • 1P/66 (25 de xaneiro do 66 DC), Xudea.
  • 1P/141 (22 de marzo do 141)
  • 1P/ 218 (17 de maio do 218)
  • 1P/295 (20 de abril do 295)
  • 1P/374 (16 de febreiro do 374)
  • 1P/ 451 (28 de xuño 451), Idacio de Chaves.
  • 1P/ 530 (27 de setembro do 530)
  • 1P/607 (15 de marzo do 607)
  • 1P/684 (2 de outubro do 684)
  • 1P/760 (20 de maio do 760)
  • 1P/837 (28 de febreiro 837)
  • 1P/912 (18 de xullo 912)
  • 1P/ 989 (5 de setembro do 989)
  • 1P/1066 (20 de marzo do 1066), Tapizarías de Bayeux.
  • 1P/1145 (18 de abril do 1145)
  • 1P/1222 (28 de setembro do 1222)
  • 1P/1301 (25 de outubro do 1301)
  • 1P/1378 (10 de novembro do 1378)
  • 1P/1456 (9 de xuño do 1456)
  • 1P/1531 (26 de agosto do 1531), Petrus Apianus.
  • 1P/1607 (27 de outubro do 1607), Johannes Kepler.
  • 1P/1682 (15 de setembro do 1682)
  • 1P/1759 (13 de marzo do 1759), perihelio do primeiro retorno previsto por Halley.
  • 1P/1835 (16 de novembro do 1835)
  • 1P/1910 (20 de abril do 1910)
  • 1P/1986 (9 de febreiro do 1986)
  • Próximo perihelio previsto para o 28 de xullo do 2061.[2]

Chuvia de meteoros

[editar | editar a fonte]

A Terra atravesa dúas veces ao ano a órbita do 1P/Halley, en maio e en outubro. A chuvia de meteoros das Eta Acuáridas ten o seu máximo no 6 de maio. A chuvia de meteoros das Oriónidas ten o seu máximo nos días 20 é 21 de outubro.

  1. Fore, Meredith. "With open data, scientists share their work". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2019-09-01.
  2. A Special Issue on Halley's Comet Arquivado 25 de agosto de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]