Saltar ao contido

Troiano de Neptuno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Troianos de Neptuno cos plutinos como referencia.
      Troianos de Neptuno (selección)
   2001 QR322
   2005 TN53
   2007 VL305
      Plutinos
   Plutón
   Orcus
   Ixion

Os troianos de Neptuno son corpos que obitan arredor do Sol preto dos puntos de Lagrange estables de Neptuno. Teñen polo tanto aproximadamente o mesmo período orbital que este planeta e seguen o mesmo camiño orbital. Coñécense doce troianos de Neptuno, dos que nove orbitan preto do punto de Lagrange L4 60° adiante de Neptuno[1] e tres na rexión L5, 60° detrás do planeta.[1] Os troianos de Neptuno reciben este nome por analoxía cos troianos de Xúpiter.

O descubrimento de 2005 TN53, que ten unha grande inclinación (>25°) na súa órbita foi significativo, pois suxeriu a existencia dunha nube "grosa" de troianos[2] (os troianos de Xúpiter teñen inclinacións superiores a 40°[3]), que indica unha captura en lugar dunha formación in situ ou por colisión.[2] Sospéitase que os maiores (raio ≈ 100 km) troianos de Neptuno poden superar en número aos de Xúpiter nunha orde de magnitude.[4][5]

En 2010 anunciouse o descubrimento do primeiro troiano L5 de Neptuno coñecido, 2008 LC18.[6] Esta rexión de Neptuno é difícil de observar porque coincide coa liña de visión do centro da Vía Láctea, área con gran poboación de estrelas.

Puido ser posible para a New Horizons investigar 2011 HM102, mais non tiña suficiente largura de banda e deuse preferencia aos preparativos para sobrevoar Plutón.[7][8]

Descubrimento e exploración

[editar | editar a fonte]

En 2001 descubriuse 2001 QR322, preto da rexión L4 de Neptuno, e con el a quinta área de poboación estable de corpos menores do Sistema Solar.[9] O descubrimento do troiano de grande inclinación 2005 TN53 en 2005 evidenciou que os troianos de Neptuno poboan nubes grosas, feito que restrinxiu as súas posibles orixes.

O 12 de agosto de 2010 anunciouse o descubrimento do primeiro troiano L5, 2008 LC18.[6] Foi descuberto por un estudo intenso que analizou rexións nas que a luz das estrelas próximas ao centro da galaxia se escurecía por nubes de po.[10] Isto suxier que os troianos L5 grandes son tan comúns como os troianos L4 grandes, o que restrinxiu máis os modelos sobre as orixes.

Tratouse de que a sonda New Horizons investigase os troianos da rexión L5 en 2014, cando atravesou esta rexión do espazo camiño de Plutón.[5] Algunhas das áreas onde a luz é escurecida por nubes de po están na traxectoria de New Horizons, permitindo a detección de obxectos que a sonda podería arquivar.[10] 2011 HM102 era suficientemente brillante para que a New Horizons o observase a finais de 2013 a unha distancia de 1.2 UA.[11] Porén, a sonda poderían non ter largo de banda abondo, polo que se decidiu dar preferencia á preparación do do voo de recoñecemento de Plutón.[7][8]

Dinámica e orixe

[editar | editar a fonte]
Animación que amosa o camiño de seis dos troianos de Neptuno.

As órbitas dos troianos de Neptuno son moi estables. Neptuno puido reter posiblemente ata o 50% da poboación orixinal trala migración.[2] A rexión L5 alberga troianos tan estables como a rexión L4.[12]

A inesperada grande inclinación dos troianos é clave para entender a orixe e evolución da poboación.[12] Esta inclinación indica capturas conxeladas ou variacións deste proceso,[2][10] ou ben unha migración lenta e suave,[10] en lugar de colisións ou formación in situ, como orixe dos troianos de Neptuno.[2]

Aínda que Neptuno non pode capturar eficientemente troianos mesmo por períodos curtos,[2] espérase que ocorra a captura de centauros. Unha simulación concluíu que o 2.8% dos centauros na poboación dispersa a 34 UA sería coorbital con Neptuno. Destes, o 54% terían órbitas de ferradura, o 10% serían cuasi-satélites e o 36% serían troianos.[13]

Os primeiros catro troianos descubertos teñen cores semellantes,[2] son moderadamente vermellos, máis que os obxectos do cinto de Kuiper, máis non tanto coma os cubewanos.[2]

Os troianos de Neptuno son demasiado borrosos para observalos espectroscopicamente de xeito seguro coa tecnoloxía actual, o que quere dicir que hai unha gran variedade de composicións da superficie compatibles coas cores observadas.[2]

O número de obxectos de grande inclinación nunha mostraxe tan pequena, que é coñecida por observación de correntes de polarización,[2] implica que os troianos con grande inclinación poden superar significativamente os troianos de inclinacións baixas.[12] A razón entre os troianos de grande e de baixa inclinación estímase en 4:1.[2]

En abirl de 2015 coñecíanse trece troianos de Neptuno, dos que nove orbitan preto do punto L4 60° diante de Neptuno,[1] tres preto de L5 60° detrás de Neptuno e un no punto oposto de Neptuno (L3), mais cambia frecuentemente de localización relativa a Neptuno cara a L4 e L5.[1] A listaxe seguinte está construída a partir da lista establecida polo Minor Planet Center da IAU [1] e cos diámetros do artigo de Sheppard e Trujillo sobre 2008 LC18,[10] se non se indica outra fonte.

Designación provisional Punto de Lagrange Perihelio
(UA)
Afelio
(UA)
Inclinación
(°)
Magnitude absoluta Diámetro
(km)
Ano de
identificación
Notas
2001 QR322 L429.40431.0111.38.2~1402001Primeiro troiano de Neptuno descuberto
2004 UP10 L429.31830.9421.48.8~1002004
2005 TN53 L428.09232.16225.09.0~802005Primeiro troiano con grande inclinación descuberto[2]
2005 TO74 L428.46931.7715.38.5~1002005
2006 RJ103 L429.07731.0148.27.5~1802006
2007 VL305 L428.13032.02828.18.0~1602007
2008 LC18 L527.36532.47927.68.4~1002008Primeiro troiano L5 descuberto[10]
2004 KV18 L524.55335.85113.68.956[14]2011
2011 HM102 L527.66232.45529.48.190–180[11]2012
2010 EN65 L321.10940.61319.26.9~200
2012 UV177 L427.80632.25920.89.2~80[15]
2014 QO441 L426.96133.21518.88.2~130[15]
2014 QP441 L428.02232.11019.49.1~90[15]

No momento da súa descuberta creuse que 2005 TN74[16] e (309239) 2007 RW10[17] eran troianos de Neptuno, mais observacións posteriores descartárono. Pénsase que 2005 TN74 é un obxecto transneptuniano resoante 3:5 con Neptuno.[18] (309239) 2007 RW10 segue un percorrido de case-satélite arredor de Neptuno.[19]

  1. 1 2 3 4 5 "List Of Neptune Trojans". Minor Planet Center. Consultado o 2012-08-09.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Sheppard, Scott S.; Trujillo, Chadwick A. (xuño de 2006). "A Thick Cloud of Neptune Trojans and Their Colors" (PDF). Science 313 (578): 511–514. Bibcode:2006Sci...313..511S. PMID 16778021. doi:10.1126/science.1127173. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xullo de 2010. Consultado o 26 de febreiro de 2008.
  3. Jewitt, David C.; Trujillo, Chadwick A.; Luu, Jane X. (2000). "Population and size distribution of small Jovian Trojan asteroids". The Astronomical xornal 120 (2): 1140–7. Bibcode:2000AJ....120.1140J. arXiv:astro-ph/0004117. doi:10.1086/301453.
  4. E. I. Chiang and Y. Lithwick Neptune Trojans as a Testbed for Planet Formatoion, The Astrophysical Xornal, 628, pp. 520–532 Preprint
  5. 1 2 Powell, David (30 de xaneiro de 2007). "Neptune May Have Thousands of Escorts". Space.com. Consultado o 8 de marzo de 2007.
  6. 1 2 Sheppard, Scott S. (12 de agosto de 2010). "Trojan Asteroid Found in Neptune's Trailing Gravitational Stability Zone". Carnegie Institution of Washington. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2010. Consultado o 28 de decembro de 2007.
  7. 1 2 Stern, Alan (1 de maio de 2006). "Where Is the Centaur Rocket?". The PI's Perspective. Johns Hopkins APL. Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2011. Consultado o 11 de xuño de 2006.
  8. 1 2 Parker, Alex (30 de abril de 2013). "2011 HM102: A new companion for Neptune". The Planetary Society. Consultado o 7 de outubro de 2014.
  9. Tralo cinto de asteroides, os troiano de Xúpiter, os obxectos transneptunianos e os troianos de Marte.
  10. 1 2 3 4 5 6 Sheppard, Scott S.; Trujillo, Chadwick A. (2010-08-12). "Detection of a Trailing (L5) Neptune Trojan". Science (AAAS) 329 (5997): 1304. Bibcode:2010Sci...329.1304S. PMID 20705814. doi:10.1126/science.1189666. Consultado o 13 de agosto de 2010.
  11. 1 2 Parker, Alex (9 de outubro de 2012). "Citizen "Ice Hunters" help find a Neptune Trojan target for New Horizons". Planetary Society blogs. The Planetary Society. Consultado o 9 de outubro de 2012.
  12. 1 2 3 Horner, J., Lykawka, P. S., Bannister, M. T., & Francis, P. 2008 LC18: a potentially unstable Neptune Trojan Accepted to appear in Monthly Notices of the Royal Astronomical Society
  13. Alexandersen, M.; Gladman, B.; Greenstreet, S.; Kavelaars, J. J.; Petit, J. -M.; Gwyn, S. (2013). "A Uranian Trojan and the Frequency of Temporary Giant-Planet Co-Orbitals". Science 341 (6149). pp. 994–997. PMID 23990557. arXiv:1303.5774. doi:10.1126/science.1238072.
  14. "The Tracking News". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2016. Consultado o 21 de novembro de 2015.
  15. 1 2 3 "Absolute magnitude converter". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2011. Consultado o 21 de novembro de 2015.
  16. MPEC 2005-U97 : 2005 TN74, 2005 TO74 Minor Planet Center
  17. "Distant EKOs, 55". Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2013. Consultado o 24 de xullo de 2012.
  18. "Orbit Fit and Astrometric record for 05TN74". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2018. Consultado o 21 de novembro de 2015.
  19. de la Fuente, Marcos (2012). "(309239) 2007 RW10: a large temporary quasi-satellite of Neptune". Astronomy and Astrophysics Letters 545. pp. L9. Bibcode:2012A&A...545L...9D. arXiv:1209.1577. doi:10.1051/0004-6361/201219931.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]