Saltar ao contido

Disnomia (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Disnomia
 Instancia de
 Epónimo
Disnomia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Designación provisional
S/2005 (136199) 1 Editar o valor en Wikidata
 Época
 Astro pai
Características orbitais
Argumento de periastro180,83 ° Editar o valor en Wikidata
Excentricidade orbital0,01 Editar o valor en Wikidata
Inclinación orbital45,49 ° Editar o valor en Wikidata
Período orbital15,772 d Editar o valor en Wikidata
Semieixo maior37.430 km Editar o valor en Wikidata
Lonxitude do nó ascendente126,17 ° Editar o valor en Wikidata
Características físicas
Diámetro316 km Editar o valor en Wikidata
Radio257 km Editar o valor en Wikidata
Densidade0,7 g/cm³ Editar o valor en Wikidata
Magnitude aparente23,1 Editar o valor en Wikidata
Magnitude absoluta5,6 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Datas e cronoloxía
 Data descuberta
10 de setembro de 2005 Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/084t6n Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Disnomia, satélite do planeta anano Eris. Oficialmente denominado como (136199) Eris I Disnomia. A primeira denominación foi S/2005 (2003 UB313) 1 ata a súa designación oficial por parte da Unión Astronómica Internacional como Disnomia[1].

Descuberto o 10 de setembro de 2005 por Michael Brown e o seu equipo no Observatorio Keck en Hawai. Recibiu o nome debido a que Disnomia é a filla da deusa grega Eris. Co seu descubrimento resultou que tres dos catro principais obxectos do Cinto de Kuiper dispuñan dun satélite natural (2003 UB313, 2003 EL61 e Plutón; só 2005 FY9 semella non ter satélite).

Propiedades

[editar | editar a fonte]

O satélite é unhas 60 veces máis pequeno que Eris, cun diámetro estimado duns 150 km. De acordo coas observacións efectuadas cos telescopios Keck e Hubble, estimáronse os seus parámetros orbitais, cun período de algo máis de 15 días, nunha distancia a Eris duns 37 370 km., polo que a masa do sistema sería 1,27 veces a de Plutón.

Parámetros orbitais

[editar | editar a fonte]

Igual que respecto ó seu tamaño, o satélite semella cerca de sesenta veces menos luminoso có propio planeta anano ó que orbita; polo que, asumindo que o albedo dos dous corpos sexa idéntico, o diámetro de Disnomia pode ser estimado en torno ós 350 km, cerca dun oitavo do de Eris.

O semieixo maior da súa órbita parece andar entre os 30 000 e os 36 000 km, cun período orbital de 14 días. Estimacións máis precisas dos parámetros orbitais permitirán, nun futuro, unha determinación máis precisa da masa do satélite e do planeta.

  1. Artigo en www.harvard.edu (en inglés).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]