Club de Fútbol Ciudad de Murcia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ciudad de Murcia
Nome Club de Fútbol Ciudad de Murcia
Alcume(s) Os Citys, O equipo rojinegro
Fundación 1999
Desaparición 2007
Estadio La Condomina
España Murcia, España
Inauguración 1924
Capacidade 13.500 espectadores
Na casa
Fóra

O Club de Fútbol Ciudad de Murcia foi un club de fútbol da cidade de Murcia, en España. Foi fundado en 1999 e desapareceu en 2007 cando o seu presidente, Enrique Pina, vendeu todas as accións do club a un empresario dono do Granada 74, que trasladou o domicilio social do club a Granada e cambioulle o nome polo de Granada 74 Club de Fútbol.

Historia[editar | editar a fonte]

Ascensos sucesivos[editar | editar a fonte]

O club xurdiu no verán de 1999 cando Enrique Pina cumpre o seu sono de fundar un equipo de fútbol. Milita a súa primeira tempada en Territorial Preferente e debuta en Terceira División na tempada 2000/01. Logo de perder tan só 3 partidos e de acabar con 99 puntos, queda primeiro do seu grupo no play-off de ascenso, con 4 victorias, 1 empate e 1 derrota.

Na tempada 2001/02 debuta en Segunda B e logra o quinto posto. Logo de varios anos cambiando de campo, na tempada 2002/03, o club chega a un acordo co Concello de Murcia para poder xogar no Estadio de La Condomina. O equipo clasifícase para o play-off de ascenso e queda encadrado no grupo D con Pontevedra, Barakaldo e Castellón. Os partidos con este último equipo, o segundo máis forte do grupo logo do Ciudad de Murcia, decidiron o ascenso a Segunda División.

Na súa primeira tempada en Segunda, a 2003/04, loita por conseguir a permanencia e acaba no 17º posto. Na seguinte tempada consigue seguir na categoría cun xusto 18º posto. O protagonista de ambas campañas foi Dani Güiza, máximo goleador do equipo, que foi traspasado ao Getafe.

Na terceira tempada na categoría, a 2005/06, o equipo tiña como obxectivo a permanencia. Ao finalizar a primeira volta estaba situado na mitade da táboa, pero logo de varios partidos imbatido chegou ás últimas xornadas con posibilidades de ascenso a Primeira División. Na última xornada, tiña que gañar o seu partido e perder o Levante para poder ascender, pero o equipo valenciano gañou e os sonos do Ciudad de Murcia quedaron lastrados.

A venda sen precedentes[editar | editar a fonte]

Na cuarta tempada, a 2006/07 o equipo volve rematar a tempada en cuarta posición. O Concello de Murcia non axudou ao club a construir as súas propias instalacións e chegou a oferta de Carlos Marsá, presidente do Club Polideportivo Granada 74, que quere comprar o club e trasladalo a Granada. O 6 de xuño de 2007 prodúcese esta venta sen precedentes. No último partido da historia do Ciudad de Murcia os afeccionados protestaron a decisión de Enrique Pina.

O renacemento[editar | editar a fonte]

A Federación de Peñas do Ciudad de Murcia mobilízase e exponse a Carlos Marsá que ceda á federación o Ciudad de Murcia B e as bases do equipo. Marsá acepta, xa que a súa idea é a de converter ao orixinal Granada 74 no filial do seu novo club, pero a Federación Murciana de Fútbol advírtelles de que é imposible, xa que o filial é dependente do primeiro equipo e o traslado do Ciudad de Murcia implica a desaparición das bases da Federación Murciana. Vendo que a continuidade do Ciudad de Murcia era imposible, o 25 de xuño de 2007, Evedasto Lifante (antigo directivo do Ciudad de Murcia) conseguiu pechar un acordo co EMD Lorquí, adquirindo o mesmo e cambiando a súa denominación á de Club Atlético Ciudad de Lorquí. O equipo e as categorías inferiores xogan en Lorquí, aínda que o obxectivo é volver xogar en Murcia. Ademais fíchanse a varios xogadores que militaban no Ciudad de Murcia B e a Pepe Aguilar, mítico xogador do Ciudad de Murcia.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta roxinegra, pantalón negro, medias negras.
  • Uniforme alternativo: Camiseta amarela con detalles negros, pantalón negro e medias negras.

Estadio[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Estadio de La Condomina.

O Estadio de La Condomina, é o lugar onde o Club de Fútbol Ciudad de Murcia xogaba os seus partidos de local. Ten capacidade para 13.500 espectadores e foi inaugurado o día 25 de decembro de 1924. En 2007 anunciouse que o estadio sería derrubado, para construír un centro deportivo cuberto e ao aire libre.

Datos do club[editar | editar a fonte]

Historial[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posición Copa do Rei
1999/00 Territorial Preferente Green Arrow Up.svg
2000/01 3ª División Green Arrow Up.svg
2001/02 2ª División B 1/8 de final
2002/03 2ª División B Green Arrow Up.svg 1ª Eliminatoria
2003/04 2ª División 17º 3ª Eliminatoria
2004/05 2ª División 18º 3ª Eliminatoria
2005/06 2ª División 3ª Eliminatoria
2006/07 2ª División 2ª Eliminatoria

Xogadores[editar | editar a fonte]

Xogadores destacados[editar | editar a fonte]

Adestradores[editar | editar a fonte]

Cronología dos adestradores[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Filial[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Ciudad de Murcia B.

O Ciudad de Murcia B era o primeiro equipo filial do CF Ciudad de Murcia. Foi fundado no ano 2002 e xurdiu coa idea de fornecer xogadores para o primeiro persoal do club. Desapareceu cando o primeiro equipo trasladouse a Granada, pois este era un equipo dependente do primeiro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]