Lista de monarcas de Galicia
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |

A primeira persoa a asumir o título de rei en Galicia foi o monarca suevo Hermerico, quen conseguiu de Roma no ano 409 o goberno da provincia romana de Gallaecia. A súa dinastía instaura primeiramente un Reino Suevo en canto que a monarquía e a elite detentadora do poder eran suevas. Porén, durante o século V d.C o entendemento cos máis numerosos aristócratas galaicos e a adopción do catolicismo romano consolidan finalmente un Reino de Galicia, como porá de relevo Gregorio de Tours, que é o primeiro erudito que o denomina Galliciense Regnum, a finais do século VI, e os seus reis como reis de Galicia.
Reis suevos de Galicia (409-585)[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Lista de reis suevos.

Primeira liñaxe real (409-456)
Reis durante a Guerra Civil Sueva (456-469)
- Frantán (456-457). Dominando a parte sur.
- Aguiúlfo (456-457). Dominando a parte norte.
- Maldras (457-459)
- Frumario (459-463)
- Requimundo (459-463)
- Remismundo (459-469); este último reunifica o reino no 463
- Hermenerico
- Veremundo (c. 485)
- Teodemundo
Período final da monarquía sueva (550-585)
- Carriarico (550-559)
- Teodomiro (559-570)
- Miro ou Mirón (570-583)
- Eborico (tamén chamado Eurico) (583-584)
- Andeca (584-585)
Reis visigodos de Galicia, Septimania e España[editar | editar a fonte]

Pese o cesamento dos monarcas suevos polos reis visigodos no ano 585, Galicia continúa a ter unha condición diferente do resto de provincias visigodas peninsulares, tal é o caso que a documentación visigoda denota tres entidades políticas, Galicia (Gallaecia), España (Hispania) e Septimania derivadas da antiga condición política destas. Así, o estado visigodo conformouse de tres antigos reinos, chegando o caso de que Galicia e España estean rexidos por diferentes reis, como o caso de Éxica e Vitiza.
- Leovixildo (585-586).
- Recaredo (586-601).
- Liuva II (601-603).
- Viterico (603-610).
- Gundemaro (610-612).
- Sisebuto (612-621).
- Recaredo II (621).
- Suintila (621-631).
- Sisenando (631-636).
- Chintila (636-639).
- Tulga (639-642).
- Chindasvinto (642-653).
- Recesvinto (653-672).
- Vamba (672-680).
- Ervixio (680-687).
- Éxica, (687-698) deixa de gobernar Galicia no 698, asociando como rei ao seu fillo Vitiza.
- Vitiza, rei de Galicia entre os anos (698 e 702), e rei ademais da Septimania e España (702-710)
- Rodrigo (710-711).
Señores con atribución reais na Galicia altomedieval[editar | editar a fonte]
- Paio (?-737). Gobernou apenas o oriente asturiano, o chamado regnum asturorum.
- Fávila (737-739). Señoreou efemeramente o mesmo territorio que o seu predecesor.
- Afonso I (739-757). Descoñécese a extensión dos seus dominios.
- Froila I (757-768).
Os reis "usurpadores" (768-791)
Reis con sede na cidade de Oviedo[editar | editar a fonte]
Consolidado o poder rexio, Afonso II ordena establecer a corte do reino no modesto lugar de Oveto, na rexión de Asturias, centro-norte do reino da Galicia altomedieval. A carencia de institucións previas como un bispado, ou un influente pasado aristocrático, foron as razóns que motivaron a escolla deste lugar por Afonso II, dende entón os reis de Galicia titularíanse maiormente como reis ovetenses en virtude da situación da sede real en Oveto, ata o seu cesamento no ano 910.

A dinastía dos Ramírez (842-910)
Reis con sede na cidade de León[editar | editar a fonte]
Se con Afonso III o vello campamento romano de Legio (León) comezou a adquirir relevancia en detrimento do antigo Oveto (Oviedo), baixo o goberno dos seus herdeiros consolidouse definitivamente como sede rexia dos monarcas da Galicia altomedieval. Será primeiramente García I, fillo de Afonso III en exercer o poder real dende a nova capital. Dende entón, os reis galaicos deixarán de empregar o título de reis ovetenses polo de legionenses a razón da súa sede na cidade de León.
- García I (910-914).
- Ordoño II (914-924). Dende o 910 gobernou o territorio galego en calidade de dominus (señor).
- Froila II (924-925), irmán de Ordoño II.
- Afonso Froilaz (925-926), fillo de Froila II.

A dinastía dos Ordóñez (910-1037)
- Sancho Ordóñez (925-929), primoxénito de Ordoño II.
- Afonso IV O Monxe (929-931).
- Ramiro II (931-951).
- Ordoño III (951-956).
- Sancho o Gordo (956-958) e (960-966).
- Ordoño IV o Mao (958-959).
- Ramiro III (966-982).
- Vermudo II (982-999).
- Afonso V (999-1028).
- Vermudo III (1028-1037).
- Sancha (1037-1069) e o rei consorte Fernando I (1037-1065).
Reis de Galicia co condado portucalense[editar | editar a fonte]
A repartición territorial dos fillos de Sancha e Fernando supuxo a creba do tradicional espazo político da Galicia altomedieval, e a formación de dous novos reinos, Castela e León. Así, o territorio coñecido como Reino de Galicia viuse reducido ás terras galegas —incluíndose nelas o condado portucalense—, se ben o termo Galicia seguirá a ser empregado para designar o conxunto dos tres reinos, mais perdendo paseniñamente a súa significación política.
Dinastía Ximena ou de Navarra (1065-1111)
- García II (1065-1071). Reinou en Galicia até o seu apresamento en 1071, conservando o título real até a súa morte no ano 1090.
- Sancho II (1071-1072). Rei en Castela desde 1067, logra apresar ao seu irmán, García II, facéndose rei tamén de Galicia desde 1071 e de León desde 1072.
- Afonso VI (1073-1109). Rei en León desde 1067, regresa do exilio en 1073 para gobernar, Galicia, León e Castela. Rei tamén de Toledo desde 1085.
- Dona Urraca (1109-1126).
- Afonso VII (1111-1157). No 1111 é coroado rei de Galicia en Compostela, herdando de Urraca no ano 1126 os reinos de León, Castela e Toledo.
Reis de Galicia e León[editar | editar a fonte]
Á morte de Afonso VII no ano 1157 divide as súas posesións entre os seus fillos. Así, mentres Fernando herda os reinos de Galicia e León, o seu irmán herda os reinos de Castela e reino de Toledo. Cabe subliñar que o territorio do Reino de Galicia se viu de novo reducido no ano 1128, ano no que Afonso Henriques gaña a independencia do condado portucalense, conformándose como un novo reino e deixando, por tanto, de pertencer ao reino galego.

- Fernando II (1157-1188).
- Afonso VIII (1188-1230).
Reis de Galicia-León e Castela-Toledo[editar | editar a fonte]
- Fernando III O Santo (1230-1252). Rei de Castela e Toledo dende 1217, á morte do seu pai en 1230, arrebata reinos de Galicia e León ás súas medias-irmás Sancha II e Aldonza.
- Afonso X o Sabio (1252-1284).
- Sancho IV (1284-1292).
- Fernando IV (1295-1296 e 1300-1312).
Rei de Galicia, León e Sevilla[editar | editar a fonte]
Reis de Galicia-León e Castela-Toledo[editar | editar a fonte]
- Henrique de Trastámara (1369-1379).
- Xoán I (1379-1390).
- Henrique III (1390-1406).
- Xoán II (1406-1454).
- Henrique IV (1454-1474).
- Sabela A Católica (1474-1516).
Reis que reclamaron a posesión de Galiza[editar | editar a fonte]
Dinastía de Borgoña (Portugal)[editar | editar a fonte]
- Fernando I de Portugal, reclamou o reino de Galiza e León despois do asasinato de Pedro I de Castela e a submisión de varias cidades galegas e leonesas a Portugal (1369-1373).
Casa de Lancaster[editar | editar a fonte]
- Xoán de Gante, dominou todo o Reino de Galiza sen apenas resistencia militar (1386).
Dinastía de Avís[editar | editar a fonte]
- Afonso V de Portugal e Xoana de Castela, a Beltranexa, aclamados de iure reis de Galiza en 1475, viron as súas pretensións ao trono castelán desbaratadas na batalla de Toro (1479).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Carballeira Debasa, Ana María (2007): Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales. Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Cientifícas. ISBN 978-84-00-08576-6.
- De la Gándara, Felipe (1677): Nobiliario, armas y triunfos de Galicia". Madrid: Julian de Paredes.
- Fletcher, Richard A. (1984): Saint James's catapult: the life and times of Diego Gelmírez of Santiago de Compostela. ISBN 978-0-19-822581-2. (en inglés)
- García Oro, José (1987): Galicia en los siglos XIV y XV. A Coruña: Fundación "Pedro Barrie de la Maza, Conde de Fenosa". ISBN 84-85728-59-9.
- González López, Emilio (1978): Grandeza e Decadencia do Reino de Galicia. Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-303-6.
- López Carreira, Anselmo (2003). Os reis de Galicia. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 84-96203-44-1.
- López Carreira, Anselmo (2005): O Reino medieval de Galicia. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-293-0.
- Portela Silva, Ermelindo (2001): "García II de Galicia, el rey y el reino (1065-1090)". Burgos: Editorial La Olmeda. ISBN 84-89915-16-4.
- Rodríguez Fernández, Justianiano (1997): García I, Ordoño II, Fruela II, Alfonso IV. Burgos: Editorial La Olmeda. ISBN 84-920046-8-1.
- Thompson, E. A. (2002): Romans and barbarians: the decline of the Western Empire. Madison, Wisconsin: University of Wisconsin Press. ISBN 978-0-299-08704-3. (en inglés)
- Torres Rodríguez, Casimiro (1977): El Reino de los Suevos. Fundación Barrié de la Maza, A Coruña. ISBN 84-85319-11-7.
- Villacañas Berlanga, José Luis (2006): La formación de los reinos hispánicos. Pozuelo de Alarcón: Espasa Calpe. ISBN 84-670-2257-4.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña
- Lista de condes de Galicia
- Vicerrei de Galicia
Listas de monarcas dos reinos cristiáns da Península Ibérica desde a Reconquista ata os nosos días | |||||||||
Portugal | España | ||||||||
Coroa de Castela | Navarra | Coroa de Aragón | |||||||
Galicia | Asturias | León | Castela | Aragón | Barcelona | Valencia | Mallorca |