Liuva II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Liuva II
Liuva II, rey de los Visigodos (Museo del Prado).jpg
Nacemento583 e 584
Falecemento603 e decembro de 603
 Toledo
NacionalidadeReino Visigodo
Ocupaciónmonarca
PaiRecaredo
NaiBaddo
IrmánsSuintila
editar datos en Wikidata ]
Mapa político do Suroeste europeo arredor do ano 600 d.C onde se reflicten tres diferentes territorios baixo goberno visigodo; Galicia (Gallaecia), España (Hispania), e Septimania.

Liuva II foi un rei visigodo (583-603) que reinou do 601 ao 603. Sucedeu ao seu pai Recaredo e accedeu ao trono cando contaba uns 18 anos. Á súa mocidade e inexperiencia, uníaselle a súa orixe bastarda (era fillo de nai da plebe), o cal fixo que contase con poucos apoios na nobreza visigoda.

Na primavera do 602, o godo Viterico, quen traizoara a conspiración de Sunna de Mérida para restablecer o arrianismo o 589, (segundo algúns autores ou simple e sinxelamente para apropiarse do trono, segundo outros); conseguiu o mando do exército que ía loitar contra os bizantino. Seguramente a traizón de Viterico aos conspiradores colocouno nunha posición de máxima confianza, e grazas a iso obtivo o mando do exército, no cal colocaría a homes da súa confianza. No canto de expulsar aos bizantinos, Viterico utilizou as tropas para dar un golpe de estado (primavera do 603). Penetrou no Palacio Real e depuxo ao novo rei, contando sen dúbida co apoio dunha facción da nobreza probablemente hostil á dinastía de Leovixildo (aínda que non aos principios políticos deste rei). Viterico fixo que se amputase a Liuva II a man dereita (o que lle imposibilitaba para reinar), e máis tarde fíxoo condenar á morte e executar (verán do 603).


Predecesor:
Recaredo
 Rei dos visigodos 
601-603
Sucesor:
Viterico