Afonso Froilaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Afonso Froilaz
Nacemento 911
Falecemento 933
Soterrado Basílica de Santo Isidoro de León
Nacionalidade Reino de León
Ocupación monarca
Pai Froila II
Nai Munia Jiménez di Navarra
editar datos en Wikidata ]

Afonso Froilaz foi rei de León e de Galiza[1] durante un breve lapso de tempo, entre 925 e 926; tan desafortunado foi que a historia nin sequera o rexistra cun ordinal para acompañar o nome.

A súa situación na cronoloxía dos "Reis de León" foi estabelecida só no século XX por Claudio Sánchez-Albornoz apoiándose en dous textos do século X, a nómina "rotense" e a "vigilana". Fillo e sucesor natural de Froila II, que xa tivera un reinado conflitivo, pois era un usurpador e contaba con moitos inimigos, poucos meses despois de ascender ao trono os fillos de Ordoño II, Sancho Ordoñes e Afonso Ordoñes tomaron armas contra el, por se xulgaren con máis dereito á coroa de León (unha vez que o trono lles fora usurpado polo pai de Afonso, o rei Froila, irmán de Ordoño). Sancho ficou coas terras galegas ao norte do río Miño e Afonso coas Terra de Foris. Asturias e Castela (coroado o 12 de febreiro de 926). Afonso Froilaz, vencido, refuxiouse nas Asturias, onde parece que mantivo o control da rexión até 931 sen renunciar ás súas pretensións ao trono. En 932 foi feito prisioneiro, xunto cos seus irmáns Ordoño e Ramiro, e o anterior rei, Afonso IV, por Ramiro II, o cal ordena que sexan todos cegados e encarcerados en mosteiros. No mosteiro de Ruiforco morreu uns anos mais tarde; dise que o futuro Ordoño IV era seu fillo, mais non hai probas que corroboren que Afonso teña tido descendentes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Outros historiadores non fan a diferenciación política entre reino de Galiza e o de León, considerando que en realidade Afonso Froilaz foi rei de toda Galiza.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Escudoreinogaliza.svg
Reino de Galiza

Segue a:
Froila II
Afonso Froilaz
Precede a:
Sancho Ordóñez
Astur-Leonesa
Blason Léon.svg
Reino de León

Segue a:
Froila II
Afonso Froilaz
Precede a:
Afonso Ordóñez
Astur-Leonesa