Saltar ao contido

Lista de condes de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miniatura medieval procedente do Tombo A da Catedral de Santiago de Compostela onde se representa a Ordoño II xa como rei.

Conde de Galiza foi un título que se empregou no Reino de Galiza durante a Idade Media, desde o século IX até o XIII. Usado en diferentes circunstancias e mediante diversas fórmulas, tivo significados mutábeis, podendo facer referencia, nunha primeira etapa, a grandes magnates que eran lugartenentes do rei[1][2] ou, máis serodiamente, á cabeza visíbel da nobreza galega.[3]

Séculos IX-XI

[editar | editar a fonte]

Após a finalización do longo reinado de Afonso II no ano 842, a converxencia de intereses entre a aristocracia galega e Ramiro I, a cal lle permitira depor a Nepociano polas armas e acceder ao trono,[4] fixo que a relación entre os magnates e os reis fose un pouco máis lonxe mediante a adquisición por parte dos aristócratas da condición de funcionarios reais. Deste xeito, os magnates, que eran os que rexían nos seus propios dominios, comezaron a se denominar condes (comites), unha titulación que supuña unha elevada posición social e outorgaba un carácter non-rexio.[5] Non era nesta altura un título nobiliario; senón a expresión do cargo de xefe militar ao mando de exércitos propios.[6] Segundo a serie recompilada en 1795 por Juan Francisco Masdeu,[7] o primeiro coñecido sería o conde Pedro, mencionado na Crónica Albeldense facendo fronte a un ataque normando so o reinado de Ordoño I (850-866)[a] e identificado por algúns autores con Pedro Theon.[8]

Séculos XI-XIII

[editar | editar a fonte]
Raimundo de Borgoña, conde de Galiza.

En 1073 Rodrigo Ovéquiz, conde de Lugo, rebelouse contra o rei Afonso VI e autoproclamouse conde de Galiza.[13]

Condado de Galiza

[editar | editar a fonte]

Xa contra 1087, no medio dunha rebelión liderada por Rodrigo Ovéquiz e apoiada polo bispo de Santiago, Diego Páez, cuxo obxectivo era repor o rei García II e casalo cunha filla de Guillerme o Conquistador, Afonso VI creou o condado de Galiza e cedeuno ó seu xenro[c] Raimundo. Adicionalmente, arredor da súa figura creouse unha estrutura administrativa propia dun monarca (con chanceler, mordomo e meiriño mor propios), de xeito que atinxiu elevadísimas cotas de poder, empregando fórmulas propias da realeza e suplantando a autoridade do rei. Así, o conde borgoñón gobernou o territorio galego con total autonomía, como se fose un auténtico principado feudal[15] ou mesmo unha especie de vicerreinado.[16] Os seus dominios como conde de Galiza chegaban até Zamora e Salamanca, onde exercía igualmente a súa autoridade.[17]

Coa morte de Raimundo, o seu principal valedor e cabeza da nobreza galega, Pedro Froilaz de Trava, converteuse no seu sucesor.[20]

Ademais da predominante Casa de Trava, os descendentes do conde Vela Ovéquiz (†1085), irmán de Rodrigo Ovéquiz,[b] que son coñecidos como os Vela,[25] tamén se denominaron condes de Galiza.

Outros magnates tamén aparecen nalgún momento como condes de Galiza.

Século XIV

[editar | editar a fonte]

Após a morte de Rodrigo Gómez sen sucesión, a nobreza galega ficou sen unha cabeza visíbel. Pedro Fernández de Castro, señor da casa de Lemos, que foi pertegueiro mor de Santiago, encomendeiro do bispado de Lugo e adiantado mor de Galiza, entre outros, é considerado o sucesor por mor das altas cotas de poder que atinxiu, malia que nunca empregou o título de conde de Galiza.[32] O seu fillo, que ademais foi conde de Lemos, Trastámara e Sarria, seguiu encabezando o poder político galego.[33]

  1. ↑ «60. […] Eius tempore Lordomani iterum uenientes in Gallicie maritimis a Petro comite interfecti sunt». Chronicon Albeldense.
  2. 1 2 Os irmáns Rodrigo Ovéquiz e Vela Ovéquiz tamén se denominan nun documento de 1082 Duo comites magni.[14]
  3. 1 2 Probabelmente xa en 1087, Orraca (duns 8 anos de idade) casase con Raimundo de Borgoña, dado que este aparece case inmediatamente como xenro de Afonso VI.[19]
  4. ↑ Aparece xa desde 1153, en vida de seu pai, como sucesor e conde de Galiza.[22]
  5. ↑ Estaba casado coa condesa Sancha Fernández, filla de Fernán Pérez de Traba e Tareixa de Portugal.
  6. ↑ Sobriño de Rodrigo e Vela Ovéquiz, foi parte da curia de Raimundo de Borgoña.
  7. ↑ Era fillo de Froila Díaz, quen pertencera á curia de Raimundo de Borgoña, polo que non é irmán de Pedro Froilaz de Trava.
Referencias
  1. ↑ Baliñas Pérez 2009, p. 50.
  2. 1 2 Baliñas Pérez, Carlos (2014). "A flumine mineo usque in tagum: os camiños diverxentes de Galicia e Portugal na Alta Idade Media (700-1100)". Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa (PDF). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. pp. 27–54, en 44. ISBN 978-84-92923-60-1. Ducis in Gallecie Velasco Almenize et Menendus Nuniz
  3. ↑ Pardo de Guevara 2000, p. 137.
  4. ↑ Baliñas Pérez 2009, pp. 43, 48.
  5. ↑ Abaitua, Joseba (29 de outubro de 2014). "Escalona (2004). ‘La invención de Alfonso I de Asturias’". Trifinium (en castelán).
  6. ↑ Baliñas Pérez 2009, p. 52.
  7. ↑ Masdeu, Juan Francisco (1795). "Número, época y orden de los Condes de Galicia hasta entrado el siglo XII". Historia critica de España, y de la cultura española (en castelán) XV. Madrid. pp. 168–175.
  8. ↑ Sánchez Pardo, José Carlos (2010). "Los ataques vikingos y su influencia en la Galicia de los siglos IX-XI" (PDF). Anuario Brigantino (en castelán) (Betanzos) (33): 57–86, en 65. ISSN 1130-7625.
  9. ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2003). Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910). Trivium. Toxosoutos. p. 113. ISBN 84-95622-78-5. Froilane Gallicie comite
  10. ↑ Baliñas Pérez 2009, pp. 49-50.
  11. ↑ Baliñas Pérez 2009, p. 51. “Flacidius … comes Galleciae”
  12. ↑ Lamigueiro, José Luis. "Genealogía del linaje Betótiz, s. X - XI". Xenealoxías do Ortegal (en castelán). Consultado o 20-11-2020. dux Gallecie
  13. ↑ Salazar Acha 1985, p. 43. “comes Galletiae”
  14. ↑ Salazar Acha 1985, p. 43.
  15. ↑ Barón Faraldo 2011, pp. 531-538. “Baixo fórmulas como comes, consul, senior, dominus, princeps ou imperator”
  16. ↑ Rodríguez Sánchez, Francisco (2022). Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza (a segunda metade do século XIV). Tomo I: A relevancia do reino galego medieval. AS-PG. p. 58. ISBN 978-84-949659-4-4.
  17. ↑ López Carreira, Anselmo (2005). O reino medieval de Galicia. A Nosa Terra. pp. 350–352. ISBN 84-96403-54-8.
  18. ↑ Lamigueiro, José Luis, "Condado de Galicia no Reinado de Afonso VI (1065-1109)", Xenealoxías do Ortegal, arquivado dende o orixinal o 11-10-2020, consultado o 31-08-2018.
  19. ↑ Reilly, Bernard F. (1982). The Kingdom of León-Castilla under Queen Urraca (PDF) (en inglés). Princeton University Press. p. 5. ISBN 978-0691053448.
  20. ↑ Barón Faraldo 2011, pp. 548, 557. “comes Petrus in Gallecia”, “Gallecie comes, principis Gallecie ou imperante orbem Gallecie”, “tamén cualificado en ocasións como consul ou dux”
  21. ↑ Pallares, M.ª del Carmen (1993). "Aristocracia y sistema de parentesco en la Galicia de los siglos centrales de la Edad Media: el grupo de los Traba". Hispania. 185 53. pp. 823–840, en 834. Comes Rudericus Petriz Gallecie
  22. ↑ López Sangil, José Luis. "Gonzalo Fernández de Traba". Real Academia de la Historia. Consultado o 15/08/2018.[Ligazón morta]
  23. ↑ López Sangil, José Luis. "Fernando González de Traba". Real Academia de la Historia. Consultado o 06/09/2018.[Ligazón morta]
  24. 1 2 Lamigueiro, José Luis, "Condado de Galicia no Reinado de Fernando II (1157-1188)", Xenealoxías do Ortegal, consultado o 06-09-2018.
  25. ↑ Salazar Acha 1985, p. 19.
  26. ↑ Salazar Acha 1985, p. 53. “Durante moitos anos ha aparecer na documentación de Galiza como «comes Galletiae»”
  27. ↑ Salazar Acha 1985, p. 54. “Alvarus Roderici Galletiae ou comes Alvarus”
  28. ↑ Salazar Acha 1985, p. 55. “comes Rodericus Galletiae”
  29. ↑ Barón Faraldo 2011, p. 559. “consul Gallecie”
  30. ↑ Pérez Rodríguez, Estrella (2013). "Léxico político latino del reino de León (s. VIII-1230): consul y proconsul" (PDF). Bulletin du Cange: Archivum Latinitatis Medii Aevi (Union académique internationale) 71: 151–164, en 154. ISBN 978-2-87043-011-8. ISSN 1376-7453. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de novembro de 2020. Consultado o 24 de novembro de 2020. “Suarius Veremudiz consul Gallecie”, “Los paralelos son muchos y suficientemente evidentes para poder afirmar con seguridad que consul designa la dignidad nobiliaria de «conde»”
  31. ↑ Lamigueiro, José Luis. "Condado de Galicia no Reinado de Urraca I (1109-1126), Alfonso VII (1111 - 1157)". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 15/08/2018. c[omit]e domno Ramiro in Gallecia.
  32. ↑ Pardo de Guevara 2000, pp. 137, 144.
  33. ↑ Pardo de Guevara 2000, pp. 182, 185.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]