Sisenando

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sisenando
Nacemento605
Falecemento12 de marzo de 636
Lugar de falecementoToledo
Ocupaciónmonarca
editar datos en Wikidata ]

Sisenando (?-636), rei dos visigodos entre 631 e 636.

Sisenando axudou a destronar Suintila, coa axuda de Dagoberto da Neustria, en troco dunha bandexa de ouro de cincocentas libras de peso, e subiu ao trono en 631.

Convocou o IV Concílio de Toledo no cal se formularan coleccións de Leis, tanto civís canto eclesiásticas, citando entre as primeiras o famoso Forum iudiciorum (foro dos xuíces), e entre as segundos 29 cánones relativos á disciplina e á administración da Igrexa. Os cregos foron declarados exentos de impostos e taxas, prevíronse castigos para quen faltase aos xuramentos de lealdade para co rei ou se revelasen contra el.

O reinado de Sisenando viviu unha crise provocada pola rebelión de Iudila, o que provocou o atraso na reunión do Concilio ata finais de 633. A pesar da revolta non vir mencionada en calquera fonte literaria, existen dúas moedas cunhadas en Mérida e na rexión de Iliberris (actualmente Granada) coa inscrición Iudila Rex. Da mesma forma, o canon 75 e a demora no inicio do Concílio poderían ser explicados se Iudila tentase usurpar o trono.

Sisenando morreu en Toledo en 636, sucedendolle Chintila


Predecesor:
Suintila
 Rei dos visigodos 
631-636
Sucesor:
Chintila

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]