Ordoño III de León

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ordoño III de León
Miniatura medieval onde se representa a Ordoño III no seu trono. Catedral de León.
Nacemento925
Lugar de nacementoZamora
Falecementosetembro de 956 e novembro de 956
Lugar de falecementoZamora
SoterradoBasílica de Santo Isidoro de León
NacionalidadeReino de León
Relixióncatolicismo
Ocupaciónpolítico
PaiRamiro II
NaiAdosinda Guterrez
CónxuxeUrraca Fernandes de Castela
FillosVermudo II
IrmánsSancho II, Tareixa Ramírez e Elvira Ramírez
Na rede
WikiTree: León-146
editar datos en Wikidata ]

Ordoño III foi un nobre galego, nado cara ao 925 e finado en Zamora no 956. É coñecido pola historiografía española como monarca do reino de León, mentres gran parte da historiografía galega considérao como rei da Galicia alto-medieval[1], exercendo como tal entre os anos 951 e 956.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Ramiro II e da aristócrata galega Adosinda[2], gañouse o apoio da nobreza galega, enfrontouse a navarros e casteláns, que apoiaban ao seu medio irmán Sancho na súa disputa polo trono. Este estaba apoiado polo reino de Navarra e o conde castelán Fernán González. Sancho finalmente perdeu na súa disputa polo poder en 953, tendo como segunda consecuencia o sometemento do conde castelán a Ordoño.

Este non foi o único problema que Ordoño III tivo durante o seu reinado, pois ademais soportou numerosas rebeldías internas, ataques dende España e unha sublevación de nobres galegos descontentos coa súa política. En resposta aos musulmáns, Ordoño enviou gran número de tropas, que conseguiron chegar até Lisboa (955). Ante unha incipiente guerra aberta, asinouse un tratado de paz entre o rei galaico e o califa Abd al-Rahman III (912-961).

Ordoño III levou a cabo unha exhaustiva reorganización dos seus territorios e continuou co proceso de fortalecemento das institucións reais que iniciara o seu pai.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Por que os Reis de Galicia son nomeados como Reyes de León e non de Galicia?". Historia de Galicia. 2017-08-29. Consultado o 2022-07-02. 
  2. Alvarez, M. Rubén García (1967). "El gallego Ordoño III, rey de León". Cuadernos de estudios gallegos 22 (68): 281–310. ISSN 0210-847X. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Os reis e as raíñas da Galiza.
Ordoño III e Sancho II. Uns reis enfrontados por Galiza.
(Nós Diario, 28.09.2022)

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Reino de Galiza

Segue a:
Ramiro II
Ordoño III de León
Precede a:
Sancho II
Dinastía dos Ordoñez (910-1037)