Ramiro III

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramiro III
Ramiro III of León.jpg
Ramiro III (961-985), rei de Galicia.
Nacemento961
Falecemento26 de xuño de 985
 Destriana
SoterradoBasílica de Santo Isidoro de León e León
NacionalidadeReino de León
Relixióncatolicismo
Ocupaciónrei
PaiSancho I de León
NaiTeresa Ansúrez
CónxuxeSancha Gómez
FillosOrdonho Ramirez
editar datos en Wikidata ]

Ramiro III, nado en 961 e falecido en Astorga no 985, foi rei de Galicia entre os anos 966 e 984 exercendo o seu poder desde a cidade de León, polo que adoita ser recoñecido tamén como rei de León.

Orixes familiares[editar | editar a fonte]

Fillo de Sancho I de Galicia e da súa esposa Teresa Ansúrez. Sucedeu a seu pai con tan só cinco anos de idade.

A rexencia do reino quedou entón nas mans da súa tía, a monxa Elvira de León, e a súa propia nai, que á morte do seu esposo tamén se retirou a un mosteiro. Grazas a isto Ramiro III sempre contou co apoio do clero do reino.

Vida política[editar | editar a fonte]

Como rei ratificou o tratado de paz co califa de Abd al-Rahman IIICórdoba Alhakén II. Enfrontouse coas tropas normandas que invadiran as costas galegas, acabando coa vida do bispo compostelán Sisnando. En 976, tras a chegada ao poder do califa Hixem II, conclúe o período de paz cos musulmáns, polo que tropas andalusís, comandadas polo visir Almanzor, devastarán o norte peninsular.

Ramiro III tentou instaurar unha monarquía absolutista, cousa que acentuou as tendencias centrífugas de Castela e Galiza a respecto de León. Isto, unido ás constantes derrotas ante os musulmáns (San Esteban de Gormaz, 976; toma de Zamora en 981), provocou que a nobreza se revirase contra do monarca, proclamando rei, en Compostela, ao seu curmán Vermudo II de León, fillo bastardo de Ordoño III de León. Coñecido este feito, Ramiro tentou vencer ao seu rival ao que atacou preto de Monterroso, en portela de Areas, sen lograr vencelo, aínda que sen sair derrotado. Retirado a Astorga, alí faleceu.

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

No 979 casou con Sancha de Saldaña, filla de Gómez, conde de Saldaña. Deste matrimonio naceu o infante Ordoño Ramírez, casado con Cristina de León, filla de Vermudo II.

Ramiro III
Ramírez
Nacemento: 956 Falecemento: 999


Títulos Reais
Precedido por
Sancho I


Rei de Galicia
966–982

(toda a Galicia altomedieval)

Sucedido  por
Vermudo II
Precedido por
Sancho I


Rei de Galicia
982-984

(agás os territorios galego-portugueses
gobernados porVermudo II)

Sucedido  por
Vermudo II