Fávila
Fávila | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | anos 700xuliano |
Falecemento | 739 |
Lugar de falecemento | Cangas de Onís |
Causa | ataque de oso |
Soterrado | Igrexa de la Santa Cruz |
Nacionalidade | Reino de Asturias |
Ocupación | monarca |
Pai | Paio de Asturias |
Nai | Gaudiosa |
Cónxuxe | Froiluba |
Fillos | valor descoñecido |
Irmáns | Ermesinda |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Fávila (¿? - 739), foi o sucesor de Paio no trono do reino de Asturias, no que gobernou entre 737 e 739.
As crónicas (Albendense, Rotense, Ovetense), redactadas en lingua latina, citan o seu nome como Fafila. É tamén corrente citalo como Favila, con acentuación grave.
Biografía[editar | editar a fonte]
As tres crónicas citadas coinciden en indicar que era fillo de Paio. No 737 sucedeu a seu pai na dirección do recente reino asturiano. Non se cita nada extraordinario sobre o seu breve reinado. Pola inscrición fundacional da igrexa da Santa Cruz de Cangas de Onís, sábese que estaba casado cunha muller chamada Froiliuba, da cal tivo fillos.
No ano 739 morreu, segundo a lenda, loitando cun oso, mentres participaba nunha cacería. Non foi sucedido por ningún dos seus fillos, senón polo seu cuñado, marido da súa irmá Ermesinda, Afonso, fillo do duque de Cantabria.
|
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Xosé Antonio López Teixeira, Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910), Editorial Toxosoutos, S.L. 02/2003.
- Anselmo López Carreira, O reino medieval de Galicia, Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A., 2005, ISBN 84-96403-54-8.
- Anselmo López Carreira, Tucho Fernández Cal, Os reis de Galicia, Vigo : A Nosa Terra, 2003. ISBN 84-96203-27-1.
- Nogueira, C. (2001): A Memoria da nación: o reino da Gallaecia. Xerais, Vigo.
- Barbosa Álvarez, José Manuel, Atlas histórico da Galiza, Ediçons da Galiza, ISBN 978-84-936218-1-0.
Reino de Galicia | ||
---|---|---|
Segue a: Paio |
Fávila | Precede a: Afonso I |
Primeiros caudillos (711-767) |