Batalla de Toro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Toro
Parte de Parte da Guerra de Sucesión castelá

Recreación da batalla por Francisco de Paula Van Halen, no século XIX.
Data 1 de marzo de 1476
Lugar n/d
Resultado Inconclusivo, sendo considerado empate. Do punto de vista político, vitoria para os isabelinos. De acordo coas tradicións de cabaleria da época, vitoria do príncipe Xoán (despois Xoán II de Portugal).
Líderes
D. Afonso V de Portugal
Príncipe João de Portugal
Garcia de Meneses, bispo de Évora,
Alfonso Carrillo de Acuña, Arcebispo de Toledo.
Fernando II, rei de Aragón, consorte de León e Castela.
Cardeal Mendoza
Álvaro de Mendoza
Conde de Alba de Liste (Prisioneiro)
Baixas
Preto de 1 000 (mortos, presos e afogados) Moitas centenas (mortos e presos)

A batalla de Touro tivo lugar o 1 de marzo de 1476, durante a Guerra de Sucesión de Castela, entre as tropas portuguesas e castelás xoanistas de D. Afonso V, e os casteláns isabelinos de Fernando II, rei de Aragón, León e Castela.

Desenrolo[editar | editar a fonte]

Enfrontou ás forzas portuguesas e castelás que apoiaban a Xoana, a Beltranexa (sobriña de D. Afonso V de Portugal e raíña consorte de Portugal), contra as tropas de Fernando II de Aragón, que defendían os intereses de Isabel, tamén tía de Xoana.

Os nobres galegos e o rei de Portugal, Afonso V, apoiaban a causa xoanina.

Pintura ao óleo de 1900 'Feito heróico de Duarte de Almeida, o Decepado', por José Bastos.

Na batalla, Duarte de Almeida, o abandeirado portugués, chegou a perder ambas as mans e resistiu portando a bandeira portuguesa coa boca até caer gravemente ferido. Ese acto foi admirado e Duarte de Almeida pasou a ser coñecido como O Decepado.

A bandeira foi posteriormente recuperada polos portugueses.[1] [2]

A última fase da batalla ocorreu cando as forzas xoanistas se reorganizaron e atacaron ás isabelinas.

O contraataque derrotou ás forzas de Fernando de Aragón, tomando o control do campo de batalla. Mentres tanto, os isabelinos retiráronse á protección das murallas de Zamora.

Como era normal nas regras da guerra daquel tempo, o príncipe Xoán permaneceu no campo de batalla dende o 2 até o 5 de marzo, como sinal de vitoria.

Consecuencias[editar | editar a fonte]

Ao final, malia que os xoanistas conseguiron unha vantaxe táctica no campo de batalla, a confrontación tivo un carácter inconcluso. Estratexicamente, este combate revelou a dificultade de Portugal para garantir os dereitos de Xoana ao trono de Castela e consolidar a unión das dúas coroas baixo un monarca portugués.

En 1475, Afonso V foi proclamado rei de Galiza;[3] porén, nos anos seguintes Isabel de Castela fíxose co poder da Orde de Santiago, viaxou a Compostela en 1486 e puxo en marcha un plan para someter o reino de Galiza, chamado posteriormente "doma y castración" por Castelao.[4][5][6]

Notas

  1. Freire, Anselmo Braamcamp (1921). Brasões da Sala de Sintra, Livro Segundo. Robarts - University of Toronto. Coimbra. pp. 328–330. 
  2. Soveral, Manuel Abranches de. "Filhos do 1.º senhor da Trofa - Diogo Gomes de Lemos". Consultado o 01-12-2022. 
  3. "Afonso V, king of Portugal and Galicia". www.britishmuseum.org. Consultado o 2023-09-10. 
  4. "Discursos parlamentarios, 1931-1933. - AA VV: 9788485134915 - IberLibro". www.iberlibro.com. Consultado o 2023-09-10. 
  5. "O estereotipo antigalego na literatura española moderna: xénese, desenvolvemento e consolidación" (PDF). UDC; Alexandre Pérez Vigo. 
  6. "O Reino Medieval de Galicia; Pardo de Cela e o Estado Moderno". Antón Xosé Meilán García. Consultado o 2023-09-10. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Dicionário Histórico, Corográfico, Heráldico, Biográfico, Bibliográfico, Numismático e Artístico, Volume I, páx. 245.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.