Remismundo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Remismundo
Nacementoséculo V
Falecemento469
NacionalidadeReino de Galicia
RelixiónArianismo
Ocupaciónmonarca e Embaixador
PaiMaldras
editar datos en Wikidata ]

Remismundo foi un rei suevo do Reino Suevo de Galicia dende o 463 até a súa morte no 469. Foi responsable da conversión dos suevos ao arianismo no 466 coa axuda do misioneiro Áiax.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De acordo con Isidoro de Sevilla, Remismundo foi o fillo de Maldras[1]. A primeira labor de Remismundo foi a de embaixador entre a Gallaecia e a Galia, viaxe que fixo varias veces.[2]

Despois dun interregno de aproximadamente catro anos (460–464), durante os cales os suevos que antes recoñeceran a Maldras como rei foron dirixidos por Frumario e os que recoñeceran a Frantan seguiron a Requimundo mentres ambos os seus líderes loitaban polo trono, Remismundo, que regresaba dunha das súas embaixadas, conseguiu que se recoñecese como rei de todo o pobo suevo unificado no ano 463, trala morte dos seus contrincantes.[2]

Diplomacia[editar | editar a fonte]

Remismundo é constatado como rei cando o monarca visigodo, Teodorico II, lle enviou agasallos, incluíndo armas, e o ofrecemento de tomar a súa filla como esposa.[3] A implicación de Teodorico na sucesión de Remismundo foi, con todo, esaxerada por Xordanes, quen afirma que despois de que o rei gótico reprimise a revolta e usurpación de Aguiúlfo, permitiu que os suevos elixisen un rei propio, e elixiron a Remismundo.[3]

No ano 466, segundo Hidacio, Teodorico enviou un legado, Salla, á corte de Remismundo.[4] Remismundo puido ter enviado a un Palagorius, un nobre galego, como diplomático a Teodorico, pero é posible que o Palagorius fose con outro obxectivo.[5]

Expansións[editar | editar a fonte]

No 465 Remismundo saqueou Conímbriga (Coímbra) e no 468 remata por destruíla, saqueando os bens dunha familia nobre chamada os Cantabri.[6]

En 469 a cidade de Lisboa foi traizoada aos suevos por un galaicorromano chamado Lusidius.Tamén en 469 Remismundo comezou negociacións co emperador romano Antemio a través dunha gran embaixada sueva dirixida por Lusidius.[5]

Conversión ariana[editar | editar a fonte]

No 466 solicitou un misioneiro ariano da corte gótica e recibiu a Áiax, un galo ou gálata, que converteu á nobreza sueva e estableceu unha igrexa ariana en Gallaecia.[7]

Morte[editar | editar a fonte]

Coa súa morte e a do historiador Hidacio no 469, iníciase un período escuro na historia dos suevos, do que existen poucos datos. Dubídase de cal puido ser o sucesor de Remismundo xa que existen varias posibilidades.

Remismundo
Nacemento:  ? Falecemento: 469


Títulos Reais
Precedido por
Requimundo (norte) e
Frumario (sur),
en guerra civil


Rei de toda Galicia
463-469
Sucedido  por
Hermenerico, Veremundo ou Teodemundo
Seguintes coñecidos

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Thompson, E. A. Romans and Barbarians: The Decline of the Western Empire. Madison: University of Wisconsin Press, 1982. ISBN 0-299-08700-X, páxina 218.
  2. 2,0 2,1 Thompson, 167.
  3. 3,0 3,1 Thompson, 168.
  4. Thompson, 190.
  5. 5,0 5,1 Thompson, 209.
  6. Thompson, 201.
  7. Arias, 21.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Feed-icon.svg Os reis e as raíñas da Galiza.
Reis dunha Gallaecia dividida. A monarquía galega entre o 456 e o 459.
(Nós Diario, 06.09.2022)

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]