Lista de reis suevos

A primeira persoa en asumir o título de rei en Galicia foi o monarca suevo Hermerico, quen conseguiu do Imperio Romano de Occidente no ano 409 o goberno da provincia romana de Gallaecia, facendo dela o seu novo reino. A súa dinastía instaura primeiramente un reino suevo en canto que a monarquía e a elite detentadora do poder eran suevas. Porén, durante o século V d.C., o entendemento coa poboación galaica e a adopción do catolicismo romano, consolidan finalmente un reino de Galicia. Así o pon de relevo o erudito franco Gregorio de Tours, ao denominalo Galliciense Regnum, a finais do século VI[1].
Na obra de Gregorio de Tours preséntase a Carriarico[2], Miro[3], Eurico[4] e Andeca[5] como monarcas galegos, e do mesmo xeito actúa a crónica de Fredegario (ca. 650) con Miro[6], as actas do concilio de Lugo (569) con Teodomiro[7][8] e o bispo Xoán Biclarense († ca. 621) quen sinala a Andeca como monarca do reino suevo de Galicia[9].
Lista de reis suevos en Galiza[editar | editar a fonte]
Primeira liñaxe real (409-456)[editar | editar a fonte]
Rei | Data | Notas |
---|---|---|
Hermerico | 409-438 | |
Requila | 438-448 | asociado ao trono en 438 por seu pai Hermerico. Rei único a partir do 441[10] |
Requiario | 448-456 | Derrotado polo rei visigodo Teodorico II |
Reis durante a Guerra Civil Sueva (456-469)[editar | editar a fonte]
Rei | Data | Notas |
---|---|---|
Frantán | 456-457 | Reinou na parte norte. |
Aguiúlfo | 456-457 | Enviado polo rei visigodo, desertou e fíxose recoñecer por unha parte dos suevos[11][12] (no sur).
Posteriormente, foi polos visigodos de Teodorico II.[13] |
Maldras | 457-460 | A elección de Maldras non foi recoñecida por tódolos suevos[14][15] polo que é probable que fose elixido pola facción que apoiara a Aguiúlfo.[16] |
Frumario | 460-464 | |
Requimundo | 459-463 | 457-?: ¿Requimundo o Remismundo?. Non está claro se foron dúas persoas ou unha soa.
A crónica de Hidacio dá a entender que é o mesmo personaxe.[17] De acordo con isto existe a hipótese de que puido cambia-lo nome a Remismundo, nome de orixe goda, coma un acto de submisión ao rei visigodo.[18] |
Remismundo | 459-469 | Reunifica o reino no 463. Os estudosos que non recoñecen que Requimundo e Remismundo fosen a mesma persoa, indican que foi proposto polos visigodos trala morte de Frumario e recoñecido rei por tódolos suevos.[19][20] |
Período Escuro (469-550)[editar | editar a fonte]
Rei | Data | Notas |
---|---|---|
Hermenerico | Aínda que se coñecen os nomes de Veremundo e Teodemundo, o seu carácter histórico é dubidoso.[21] Outras crónicas menos fidedignas e posteriores mencionan varios reis baixo os nomes de Hermenerico II, Riciliano e Requiario II.[22] | |
Veremundo | ||
Teodemundo |
Período final da monarquía sueva (550-585)[editar | editar a fonte]
Rei | Data | Notas |
---|---|---|
Carriarico | 550-559 | |
Teodomiro | 559-570 | |
Miro | 570-583 | ou Mirón[10] |
Eborico | 583-584 | ou Eurico |
Fin da monarquía sueva[editar | editar a fonte]
Rei | Data | Notas |
---|---|---|
Andeca | 584-585 | Caudillo que se opuxo a Leovixildo e foi derrotado por este[10] cando no 585 intervén en Galicia co pretexto de destronalo e repoñer no trono a Eborico.
Porén, unha vez instalado coas súas tropas, Leovixildo usurpa o trono, marcando a fin do goberno e da monarquía sueva no reino de Galicia |
Malarico | 585 | Trala conquista visigoda é recoñecido rei por unha parte dos suevos.[21] |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ de Tours, Gregorio. Historia Francorum VI. p. 43.
Galliciensim regnum
- ↑ de Tours, Gregorio. Libri de virtutibus sancti Martini episcopi I.
Chararici cuiusdam regis Galliciae filius graviter aegrotabat
- ↑ de Tours, Gregorio. Historia Francorum V. p. 41.
Mirus rex Galliciensis", "Mironis Galliciensis regis
- ↑ de Tours, Gregorio. Historia Francorum VI. p. 43.
Eurichus (...), regnum Galliciensim suscepit
- ↑ de Tours, Gregorio. Historia Francorum 6. p. 43.
Audica, (...) Galliciensim regnum obtenuit.
- ↑ ., Fredegarius. Chrónicon III. p. 116.
Mironis regis Galliciae
- ↑ Tejada y Ramiro, Juan, ed. (1855). Actas concilio de Lugo (Colección de cánones y de todos los concilios de la Iglesia de Espana ed.). p. 654.
ego Theodomirus rex cognomento et Mirus, Galleciae totius provinciae rex
- ↑ de Gembloux, Sigeberto. "XIX". De scriptoribus ecclesiasticis.
Theudomirum [al. Mironem] regem Galliciae
- ↑ Biclarensis, Iohannes (584). Chronicon.
Audeca in Gallaecia Suevorum regnum
- ↑ 10,0 10,1 10,2 Costa, Ricardo. "Cronologia da Península Ibérica (379-1500)". ricardocosta.com. Consultado o 3-9-2019.
- ↑ Díaz Martínez (2007), pp. 291-292
- ↑ Díaz Martínez (2007), pp. 298-299
- ↑ Valverde Castro (2000), pp. 56-57
- ↑ Sayas & Abad (2013), p. 264
- ↑ Arce (2013), p. 132
- ↑ Díaz Martínez (2007), p. 299
- ↑ Díaz Martínez (2007), pp. 300-301
- ↑ Díaz Martínez (2011), p. 94
- ↑ Sayas & Abad (2013), p. 267
- ↑ Arce (2013), p. 133
- ↑ 21,0 21,1 Díaz Martínez (2011), p. 293
- ↑ Arias (2011), pp. 105-106
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Arce, Javier (2013). Bárbaros y romanos en Hispania: (400-507 A.D.) (en castelán). Madrid: Marcial Pons Historia. ISBN 9788415817048.
- Díaz Martínez, Pablo C. (2007). Hispania tardoantigua y visigoda (en castelán). Madrid: Akal. ISBN 9788470904820.
- Sayas Abengochea, Juan José; Abad Varela, Manuel (2013). Historia antigua de la península ibérica. Época tardoimperial y visigoda (en castelán) II. Madrid: Editorial UNED. ISBN 9788436265347.
- Valverde Castro, María R. (2000). Ideología, simbolismo y ejercicio del poder real en la monarquía visigoda: un proceso de cambio (en castelán). Salamanca: Universidade de Salamanca. ISBN 9788478009404.