Requila
Requila | |
---|---|
Rei do Reino Suevo de Galicia | |
Reinado | 438 - 448 |
Coroación | 438 |
Falecemento | 448 |
Predecesor | Hermerico |
Sucesor | Requiario |
Descendencia | Requiario |
Proxenitores | Hermerico |
Requila (? 448) foi o segundo monarca suevo do reino de Galiza, substituíndo o seu pai Hermerico[1]. Hai poucas fontes primarias para a súa vida, mais Hidacio foi un cronista cristián (mais non ariano) contemporáneo a el.
Subiu ó trono en 438 por desexo do seu pai Hermerico que estaba enfermo desde anos atrás (finou en 441). Adoptou unha actitude moi agresiva contra os galaicos nativos e a igrexa católica. Enfrontouse ós bispos e favoreceu ó clero priscilianista. Firmou un novo foedus con Roma e alianzas coas tribos bagaudas (bandoleiros do norte peninsular que traballaban como mercenarios). Dirixiu unha política expansionista con campañas por Lusitania e a Bética tratando de encher o baleiro deixado polos retirados vándalos e alanos. Derrotou no 438 a Andevoto (dux romano segundo Isidoro de Sevilla ou un xefe local segundo outras fontes) no río Genil (Singilis)[2]. Conquistou as capitais provinciais de Mérida en 439 e Sevilla en 441[3].

Durante o seu curto reinado chegou a facerse dono de case toda a actual Andalucía e de parte do Levante. Tamén fixo incursións na Tarraconense e no 446 derrotou ó xeneral romano Veto e as súas tropas auxiliares visigodas.
A súa morte produciuse en Mérida en 448 e sucedeuno o seu fillo Requiario.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Afonso IX (1289). Menéndez Pidal, ed. Estoria de España (PDF) (1977 ed.).
Depues de la muerte de Hermerico finco Riquila su fijo por rey de Gallizia (..)
- ↑ Thompson, Romans and Barbarians, 173.
- ↑ Thompson, Romans and Barbarians, 172.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- López Carreira, A; Fernández Cal, T. Os reis de Galicia. A Nosa Terra. Vigo, 2003. ISBN 84-96203-27-1.
- Thompson, E. A. Romans and Barbarians: The Decline of the Western Empire. Madison: University of Wisconsin Press, 1982. ISBN 0-299-08700-X.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Requila Nacemento: ? Falecemento: 448
| ||
Títulos Reais | ||
---|---|---|
Precedido por Hermerico
|
Rei de Galicia 438–448 |
Sucedido por Requiario |