Saltar ao contido

Ordoño IV

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOrdoño IV

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Ordoño Alfonsez de León Editar o valor en Wikidata
c. 925 Editar o valor en Wikidata
Reino de Galicia Editar o valor en Wikidata
Morte963 Editar o valor en Wikidata (37/38 anos)
Córdoba Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Santo Isidoro de León Editar o valor en Wikidata
Monarca do Reino de Galicia
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrei Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei de Galicia Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía asturleonesa Editar o valor en Wikidata
CónxuxeUrraca Fernandes de Castela Editar o valor en Wikidata
FillosVermudo II Editar o valor en Wikidata
PaisAfonso IV de León Editar o valor en Wikidata  e Oneca Sánchez de Pamplona Editar o valor en Wikidata

Enciclopedia Galega Universal: 160365

Ordoño IV, fillo de Afonso IV e da raíña Oneca Sánchez de Pamplona, e pai de Bermudo II[1], foi rei de Galiza[2][3] entre os anos 958 e 960.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Após a expulsión de Sancho I o Craso, foi coroado rei en Santiago de Compostela, igrexa a prol da cal despachou varios documentos. Chegou ao trono co apoio da nobreza galega, en especial o do bispo Rosendo de Celanova, e do conde de Castela Fernán González.

Reinou nun período turbulento do Reino de Galiza marcado polo enfrontamento entre irreconciliables faccións nobiliarias galegas, castelás, asturianas ou da Terra de Foris. A imposibilidade de poñer orde nesta caótica situación granxeoulle unha pésima fama reflectida nas crónicas cristiás e musulmás. Determinada historiografía coñéceo como Ordoño IV o Mao.

No 958 casou con Urraca Fernández, filla do conde de Castela e viúva de Ordoño III, coa que tivo dous fillos, Bermudo e García. Este casamento, que procuraba o achegamento á nobreza castelá determinou o descontento de parte da nobreza galega.

Os fracasos na gobernación propiciaron que os mesmos que o apoiaran, entre eles San Rosendo, optasen pola volta de Sancho, no ano 959. Sancho entrou en Zamora co apoio das tropas musulmáns do califa Al-Hakam II. Ordoño refuxiouse en Castela até que Fernán González foi feito prisioneiro polo rei de Navarra García Sánchez.[4] Finalmente acudiu a Córdoba a solicitar a axuda militar do califa cordobés.[5] Segundo o tratado acadado, Ordoño compometíase a non levantarse contra o islam e a entregar do seu fillo García como refén.[4] Porén, apercibido Sancho, apresurouse a enviar tamén unha embaixada a Córdoba ofrecendo a súa vasalaxe. O monarca andalusí aviuse a recoñecer a Sancho como monarca a condición de que este desmantelase certas fortalezas próximas ao seu territorio. Ordoño faleceu pouco despois (no 962 ou 963) en circunstancias non esclarecidas.[6]

  1. Carriedo Tejedo, Manuel (2014). "La ascendencia de Vermudo II (982-999):Un rey educado en Santiago a la sombra de San Rosendo" (PDF). Annuarium Sancti Iacobi (3): 19–43.
  2. Carriedo Tejedo, Manuel (2019). "Gallaecia y Galicia (1)" (PDF). Rudesindus (en castelán) (12): 74. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2020. Consultado o 22 de xaneiro de 2021. el príncipe infiel de Galicia Ordoño (citando a Ibn Idari)
  3. Carballeira Debasa, Ana María (2007). Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales (en castelán). CSIC. p. 158. de la familia de los reyes gallegos
  4. 1 2 Carriedo Tejedo, Manuel (2014). "La ascendencia de Vermudo II (982-999):Un rey educado en Santiago a la sombra de San Rosendo" (PDF). Annuarium Sancti Iacobi (3): 29.
  5. "Vídeo: Así foi a recepción do califa al-Hakam II ó rei Ordoño IV, tras perder o seu trono". Historia de Galicia. 2021-01-20. Consultado o 2021-01-22.
  6. Carballeira Debasa, Ana María (2007). Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales. Instituto de estudos galegos Padre Sarmiento. pp. 158–159.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Os reis e as raíñas da Galiza.
Ordoño IV. Un rei imposto polo partido galego.
(Nós Diario, 29.09.2022)

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Reino de Galiza

Segue a:
Sancho II
Ordoño IV
Precede a:
Sancho II
Dinastía dos Ordoñez (910-1037)