Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña
Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña Ponthus e Sidoine, reis de Galiza e Bretaña | |
---|---|
Ponthus e o seu séquito disfrazado de homes salvaxes na voda de Sidoine e Genelet, ilustración dun manuscrito encargado por Margarida de Savoia ca. 1475 (Heidelberg, CPG 142, fol. 122r). | |
Autor(es) | Anónimo |
[ modificar datos en Wikidata ] |
Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña ou Ponthus e Sidoine, reis de Galiza e Bretaña[1] (en francés Le roman de Ponthus et Sidoine) é unha narración en francés antigo e en prosa das aventuras de Ponthus, príncipe galego, polos reinos de Galicia, Bretaña e Inglaterra.
Características
[editar | editar a fonte]Trátase dunha obra anónima francesa escrita a finais do século XIV ou a comezos do XV, seguindo a tradición da literatura de cabalarías; non obstante, presenta un ideal moral e político a xulgar polas súas ensinanzas e mais un certo estilo didáctico. É unha conversión á prosa dos versos do Romance de Horn, do século XII, dun autor anónimo anglo-normando que se chamaría Tomás. Daquela "O Romance de Ponthus e Sidoine" foi popular e así o testemuñan os manuscritos conservados a día de hoxe tanto do texto como das súas traducións.[2]
Edicións
[editar | editar a fonte]Catalóganse 28 manuscritos e 10 edicións, todos do século XV. Existen tamén varias traducións noutras linguas.[3] Os manuscritos son bastante homoxéneos e teñen poucas diferenzas entre eles.[4]
Hai varias traducións ó alto alemán medio realizadas durante o século XV. Unha realizada por Leonor de Escocia, arquiduquesa de Austria, entre 1449 e 1456.[5] Unha copia da tradución alemá, conservada na biblioteca de Gotha, leva a data de 1465.
Outra versión conservouse en alemánico, posibelmente escrita na Antiga Confederación Suíza entre 1440 e 1460, e outra en fráncico, probabelmente escrita na rexión de Tréveris.
Unha tradución posterior ó neerlandés medio (Die historie van Ponthus ende die schoone Sidonie) conservouse nunha edición impresa por Niclaes vanden Wouwere en Anveres en 1564.[6]
Ao galego foi traducido por Paulo Nogueira Santiago co título de Ponthus e Sidoine, reis de Galiza e Bretaña (Ed. Toxosoutos, 2006) e por Henrique Harguindey co título de Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña (Ed. Rinoceronte, 2016); esta último mereceu o premio de tradución na II Gala do Libro Galego[7].
Legado
[editar | editar a fonte]No álbum Un galicien en Bretagne Carlos Núñez réndelles homenaxe a estes dous heroes. Xosé Luís Méndez Ferrín inspírase neste romance medieval na súa novela Bretaña, Esmeraldina (1987).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O primeiro título corresponde á tradución publicada por Rinoceronte (2016) e o segundo ao publicado por Toxosoutos (2006).
- ↑ Datos recollidos na publicación crítica realizada por de Crécy 1997.
- ↑ de Crécy 1997, p. vii
- ↑ de Crécy 1997, p. xxxix
- ↑ de Crécy 1997, p. xxxv
- ↑ de Crécy 1997, p. xxxvi
- ↑ "Obras gañadoras da II Gala do Libro Galego". Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2017. Consultado o 21 de maio de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- de Crécy, Marie-Claude (1997). Le roman de Ponthus et Sidoine (en francés). 475 de Textes littéraires français. Librairie Droz. ISBN 2-600-00195-6.
- Ponthus e Sidoine, reis de Galiza e Bretaña (Ed. Toxosoutos, 2006). Edición de Paulo Nogueira Santiago. ISBN 978-84-96673-06-5
- Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña (Ed. Rinoceronte, 2016). Edición de Henrique Harguindey. ISBN 978-84-92866-73-1
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Le roman de Ponthus et Sidoine dixilitalizado en Google-books.
- Cota, Rodrigo (7.6.2022). "Ponthus y Sidoine, reyes de Galiza y Bretaña". Diario de Pontevedra (en castelán).
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |