Saltar ao contido

Viterico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaViterico

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Wittericus
(es) Witerico Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento570 Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morteabril de 610 Editar o valor en Wikidata (39/40 anos)
Toledo, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaEspirdo Editar o valor en Wikidata
Rei dos visigodos
603 – 610
← Liuva IIGundemaro → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónArianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei dos visigodos (603–609) Editar o valor en Wikidata
FillosErmenberga Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1529026
Mapa político do Suroeste europeo arredor do ano 600 d.C onde se reflicten tres diferentes territorios baixo goberno visigodo; Galicia (Gallaecia), España (Hispania), e Septimania.

Viterico[1], nado en 570 e finado en abril de 610, foi rei dos visigodos desde o 603 ata o 610. Despois de obter o mando das tropas de Liuva II, a quen persuadira para que declarase a guerra aos bizantinos, sublevouse contra o monarca, apoderouse del, cortoulle a man dereita e logo quitoulle a vida antes de ser proclamado rei.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente creuse que Viterico favoreceu o arianismo. Non existen probas diso, aínda que é probábel que o novo rei, aínda sendo formalmente católico, conservase as súas antigas crenzas. En todo caso, politicamente non era conveniente volver á situación anterior ao 589.

É moi escasa a información que se posúe do seu reinado, pero se sabe que estivo enfrontado a unha parte da nobreza e do clero (no entanto sábese que contaba co apoio dalgúns bispos, coñecéndose o caso do bispo Elerxio de Egara, hoxe Terrassa).

Coñecemos o caso dun conde da Gallia Narbonensis chamado Búlgar, que ao parecer foi torturado, encarcerado e despois desterrado. O propio Búlgar explica que foi axudado por dous bispos, Agapio e Serxio, que despois do reinado de Viterico ocuparon sedes metropolitanas (Serxio foi arcebispo de Narbona). Tamén se sabe que o bispo de Toledo, Aurasio, tivo dificultades, pero non é seguro que fosen motivadas por un enfrontamento co rei, pois podía tratarse dun problema relixioso interno.

Porén sabemos que todos os citados conservaron a súa vida e os seus cargos, pois mesmo Búlgar foi reposto como conde antes da morte de Viterico (segundo el mesmo explica nunha das súas cartas, por mor dunha visión que tivera o rei) e participou máis tarde nas negociacións diplomáticas que buscaban unha alianza dos visigodos cos reis merovinxios.

Viterico loitou contra os bizantinos. Un dos seus xenerais ocupou Sagontia ou Xisgonza sen que se saiba en que ano aínda que debeu ser ao redor do 605. Probabelmente na mesma época foi ocupada Bigastrum (non moi lonxe de Cartago Nova) cuxo bispo xa aparece nas actas do Concilio toledano do ano 610.

No 607 Teodorico de Borgoña solicitou a man da filla de Viterico, chamada Ermenberga (talvez ariana), á que xurou que nunca privaría da súa condición de raíña. A princesa chegou a Châlon-sur-Saône pero a raíña avoa, Brunexilda, e a súa neta Teudila ou Teudilana (irmá de Teodorico) instigaron ao rei borgoñón contra Ermenberga, e finalmente o matrimonio non chegou a celebrarse, sendo reexpedida a Toledo, sen o seu dote.

Viterico, ofendido, entrou nunha cuádrupla alianza con Teodeberto e Clotario (de Austrasia e Neustria) e con Axilulfo rei dos longobardos, dirixida contra Brunexilda e o seu neto Teodorico de Borgoña, en cuxas negociacións posteriores (xa en tempos de Gundemaro, sucesor de Viterico) participou o conde Búlgar antes mencionado.

A alianza no entanto, non tivo éxito, aínda que das cartas de Búlgar despréndese que houbo unha serie de combates que tiveron como teatro a zona da Narbonense, pero non coñecemos nin a zona de operacións, nin a súa duración, nin o seu resultado.

Como Isidoro de Sevilla non fai ningunha mención a estes sucesos, pode deducirse diso que as loitas foron máis ben escaramuzas fronteirizas menores e que os visigodos non obtiveron éxito ningún. Sábese pola mesma correspondencia, que a Narbonense era teatro de moitas calamidades, pero non se indica cales eran nin se afectaban a outras provincias ou territorios.

Unha conxura de nobres, probabelmente dunha facción rival, e próximos ao clero católico, asasinou a Viterico durante un banquete, en abril do 610. O seu cadáver foi arrastrado polas rúas de Toledo. Os nobres conxurados aclamaron como rei a un deles chamado Gundemaro, probabelmente dux da Narbonense. Tras a morte de Viterico Santo Isidoro escribiu: "matara coa espada, morreu coa espada".


Predecesor:
Liuva II
 Rei dos visigodos 
603-610
Sucesor:
Gundemaro
  1. "Viterico". Diciopedia do século 21 III. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2189. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]