Recesvinto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Recesvinto
Recesvinto.jpg
Nacementovalor descoñecido
Falecemento1 de setembro de 672
 Valladolid
SoterradoCatedral de Santa María de Toledo
NacionalidadeEspaña
Etniahispano-visigoths people
Ocupaciónmonarca
PaiChindasvinto
editar datos en Wikidata ]

Recesvinto (en español, gallego e portugués) tamén coñecido como Recceswinth​, Rekkeswint (alemán), Reccesuinth, Recceswint, Reccaswinth (inglés), Réceswinthe (francés), Reccesvinthus, Recceswinthus (latín), e Recesvindus, (no latín do Liber iudiciorum), foi un rei visigodo que gobernou entre os anos 649 e 672.

Morreu e foi soterrado na localidade de Gerticós,[1] actual Wamba (provincia de Valladolid), no ano 672.[2] Dende 1845, os seus restos e os do seu sucesor Wamba, permanecen nunha furna na sancristía da Catedral de Toledo.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fillo de Chindasvinto e Riciberga. Foi coroado no 649, estando vivo aínda seu pai, co apoio da nobreza e do clero,[4] e gobernou durante 23 anos, conseguindo durante o seu reinado un amplo período de paz continuada de 19 anos, tan só interrompido ao comezo do seu reinado por algunha revolta como a de Froia.

Revolta de Froia[editar | editar a fonte]

Ao comezo do seu reinado, produciuse unha revolta protagonizada por Froia, un godo exiliado quen, fuxindo da persecución do monarca, coma outros moitos, establecérase en territorio vascón. Froia mailos vascóns,saquearon as terras do val do Ebro, incendiaron igrexas, asasinaron cregos e puxeron sitio a cidade de Zaragoza. Recesvinto acudiu en auxilio da cidade, conseguiu levanta-lo sitio e matou a Froia.[5]

Durante o seu reinado, foron celebrados o VIII, IX e X Concilios de Toledo. No ano de 654, promulgou o Liber iudiciorum ou Código de Recesvinto.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Izquierdo Benito (2001), pp. 233-234
  2. Bradley (1888), p. 341
  3. Izquierdo Benito (2001), p. 235
  4. Bradley (1888), p. 339
  5. Bradley (1888), p. 340

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bradley, Henry (1888). The story of the Goths: from the earliest times to the end of the Gothic dominion in Spain. Colección: Story of the nations (en inglés) 18. Londres: G. P. Putnam's sons. 
  • Izquierdo Benito, Ricardo (2001). "Alfonso X el Sabio ¿primer arqueólogo medievalista?". Historia, instituciones, documentos (Sevilla: Universidade de Sevilla) (28): 231–240. ISSN 0210-7716. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Chindasvinto
 Rei dos visigodos 
653-672
Sucesor:
Wamba