Tulga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tulga
Nacemento622
Falecemento642
Lugar de falecementoToledo
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónmonarca
PaiChintila
FillosVamba
editar datos en Wikidata ]

Tulga, finado no ano 642, foi rei dos visigodos entre 640 e 642, sucedendo a seu pai Chintila.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Atribúeselle debilidade de goberno contra os vascóns, así como fraxilidade estatal ao ser deposto tan só dous anos despois do seu coroamento. A revolta que o depuxo foi iniciada por Chindasvinto, un militar ancián de 79 anos. Desempeñaba, probabelmente, un cargo de comando militar ou civil na rexión fronteiriza cos vascóns. Apercebéndose da fraxilidade do trono de Tulga, convocou os nobres godos terratenentes, a poboación xermánica da zona e fíxose proclamar rei, a pesar de lle faltar a chancela dos bispos. A súa aclamación tivo lugar en Pampalica, posibelmente a Pampliega actual, preto de Burgos.

A secuencia dos feitos altérase conforme as fontes:

De acordo con Sixiberto Glembacense o rebelde, seguro dos seus apoios e coa adhesión doutros nobres, marchou sobre Toledo, depuxo a Tulga facéndoo tonsurar, deste xeito inhabilitouno para ocupar o trono; o destino posterior de Tulga é descoñecido.

Santo Ildefonso, por outro lado, deixou un relato distinguido: a rebelión de Chindasvinto obtivo algún apoio entre a nobreza mais non triunfou debido á falta de apoio do clero. Tulga conservou o trono e Chindasvinto mantívose un rebelde, ata que a oportuna morte do rei, por doenza, permitiu o recoñecemento de Chindasvinto como rei polos electores reais.


Predecesor:
Chintila
 Rei dos visigodos 
640-642
Sucesor:
Chindasvinto

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]