Xoán I de Castela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xoán I de Castela
JuanIdeCastilla.JPG
Nacemento24 de agosto de 1358
 Épila
Falecemento9 de outubro de 1390
 Alcalá de Henares
Causaqueda de cavalo
SoterradoSepulcher of John I of Castile
NacionalidadeCoroa de Castela
Relixióncatolicismo
Ocupaciónguerreiro e político
PaiHenrique II de Castela
NaiXoana Manuel de Villena
CónxuxeLeonor de Aragón e de Sicilia e Beatriz de Portugal
FillosFernando I de Aragón, Henrique III de Castela e Miguel de Castela e Leão
IrmánsFadrique de Castilla, Leonor de Trastámara, Beatriz de Castilla, Afonso, conde de Gijón e Noronha, Leonor de Castilla la de los Leones, Pedro Enríquez de Castilla (m. 1366), Henry of Castile, Inés Enríquez de Castilla e Isabel Enríquez de Castilla
editar datos en Wikidata ]

Xoán I de Trastámara (nado en Épila, Zaragoza en 1358 e falecido en Alcalá de Henares en 1390) foi rei de Castela entre o 24 de agosto de 1379 e o 9 de outubro de 1390.

Foi o segundo rei da dinastía de Trastámara, fillo de Henrique II o das Mercés e de Xoana, filla de Xoán Manuel de Villena, cabeza dunha rama máis nova da casa real de Castela. Naceu en Aragón durante o desterro do seu pai cando aínda non era rei. Foi o derradeiro rei castelán coroado solemnemente. Despois del, os monarcas asumiron a dignidade real por proclamación e aclamación.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Casou con Leonor de Aragón, filla de Pedro IV o Cerimonioso, en Soria en 1375. Desta unión naceron:

Ó morrer Leonor, casou con Beatriz de Portugal, herdeira do trono de Portugal. Desta unión naceu Miguel, morto de neno.

Ó falecer sen herdeiros varóns o rei Fernando I de Portugal, pai da súa segunda esposa, Xoán I optou ó trono, quedando Pedro González, o seu aio, como un dos rexentes de Castela en 1384.

Ó ano seguinte, Xoán foi á guerra contra Xoán de Avis, fillo bastardo de Pedro I de Portugal e por tanto medio irmán de Fernando I. Esa guerra rematou na desastrosa derrota de Aljubarrota, na que, trala desbandada das tropas castelás, conseguiu salvar a vida grazas ao seu aio, que faleceu.

Guerra dos Cen Anos[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Guerra dos Cen Anos.

Henrique II recibira a axuda de cabaleiros franceses dirixidos polo propio Bertrand Du Guesclin durante o seu enfrontamento con Pedro I o Cruel. A vitoria final de Henrique na guerra civil castelá brindou a Francia un poderoso aliado no plano naval. Tanto Henrique como o seu fillo Xoán enviaron a armada castelá, que destruíu a escuadra inglesa en La Rochelle (1372) e saqueou numerosos portos ingleses (como Rye, Rotingdean, Lewes, Folkestone, Plymouth, Portsmouth, Wight ou Hastings) entre 1377 e 1380, ano en que o almirante castelán Fernando Sánchez de Tovar chegou mesmo a ameazar Londres. Sir Ricardo Knolles en 1360 e o duque de Lancaster, Xoán de Gante, en 1363 formaron corpos expedicionarios que atacaron o continente, pero foron detidos.

Mantivo amizade con Carlos III de Navarra, casado coa súa irmá Leonor, poñendo fin ós conflitos entre os dous reinos.

Política interior[editar | editar a fonte]

No marco da Guerra dos Cen Anos, Inglaterra e Castela víronse involucradas nun conflito dinástico: as fillas de Pedro I, Constanza e Isabel, casaran co duque de Lancaster e con Edmundo de Langley, duque de York, fillos do rei Eduardo III de Inglaterra.

Con estas unións, e considerándose herdeiras lexítimas de Pedro I, reclamaban o reino. En 1388, Xoán puxo fin á loita pactando o matrimonio do seu fillo e herdeiro Henrique con Catarina, filla de Constanza, ós que se lles outorgou a condición de Príncipes de Asturias polo acordo de Baiona. Así quedaron unidas as dúas ramas sucesorias de Afonso XI e instaurouse o título de Príncipe de Asturias, que en diante ostentou sempre o herdeiro da coroa de Castela e logo de España. Henrique foi o primeiro príncipe en posuír este título e mailas rendas inherentes, pois o territorio asturiano lles pertencía como patrimonio.

Notas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Henrique II
Rei de Castela e de León
1379-1390
Blason Castille Léon.png
Sucesor:
Henrique III
Predecesor:
Henrique II
Rei de Galiza
1379-1386 e 1387-1390
Escudoreinogaliza.svg
Sucesor:
Xoán de Gante
entre 1386 e 1387

Henrique III