Sisebuto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sisebuto
Sisebuto, rey de los Visigodos (Museo del Prado).jpg
Nacemento565
Falecementofebreiro de 621
Lugar de falecementoToledo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmonarca
FillosRecaredo II e Theodora
editar datos en Wikidata ]

Sisebuto (? - 621), rei dos visigodos entre os anos 612 e 621. Sucedeu a Gundemaro, finado de morte natural no ano 612, e posiblemente pertencía á mesma facción do seu predecesor. A el atribúeselle a construción da igrexa de Santa Leocadia en Toledo, e que máis tarde foi sede de catro concilios relixiosos.

Morreu en febreiro de 621 en Toledo en circunstancias estrañas, posibelmente envelenado, e foi sucedido polo seu fillo Recaredo II.

Estatua de Sisebuto en Toledo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mapa político do Suroeste europeo arredor do ano 600 d.C onde se reflicten tres diferentes territorios baixo goberno visigodo; Galicia (Gallaecia), España (Hispania), e Septimania.

Polas fontes coñecemos algunhas características persoais de Sisebuto. Desaprobaba o teatro (ao parecer era mal considerado, polo menos entre os católicos, xa que Isidoro de Sevilla tamén o desaprobaba) e nunha carta reprocha ao bispoEusebio de Tarraco (que xa aparece como bispo no sínodo da Tarraconense de 614) o seu interese polas artes escénicas. Sabemos que nomeou bispos, porque na mesma carta na que increpaba a Eusebio, mandaba a este, como metropolitano, consagrar o portador da carta como bispo de Barcino. Opoñíase á entrada dos bispos nos mosteiros, desde cando o quixo facer Cecilio de Mentesa[1][2].

Foi un dos primeiros gobernantes en Europa en facer unha persecución aos xudeus[3][4].

Como escritor gozou de certa sona, grazas a un poema sobre os eclipses (a chamada Epistula sisebuti, coa colaboración de Isidoro de Sevilla[5]) e á obra Vida e paixón de San Desiderio, onde narra a vida do santo galo, executado en 606 ou 607 por orde do rei Teodorico de Borgoña e da súa avoa a visigoda Brunexilda, ambos enimigos de Gundemaro e outros reis visigodos.


Predecesor:
Gundemaro
 Rei dos visigodos 
612-621
Sucesor:
Recaredo II


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Olmo López, Anthony (2004). "Mente romana, visigoda e musulmá. o garda de fronteiras" (pdf). SUMUNTAN. Revista de Estudos sobre Sierra Mágina (Colectivo de Investigadores Sierra Mágina. "CISMA") (20): 13–28. ISSN 1132-6956. Depósito legal: J-300-1992. […]dos bizantinos, os seus dominios estaban perigosamente próximos a eles, xa que un bispo de Mentesa, chamado Cecilio, caeu no seu poder, aínda que despois recuperou a liberdade. 
  2. Ministerio de Educación de España, Paz Remolar, Ramón. Revista Contemporánea, (Madrid, 1875-1907) (15 de marzo de 1903). "Revista Contemporánea: Ano XXIX Tomo CXXVI Caderno III". Madrid: 305. 
  3. L. Garcia Iglesias. "Las leyes antijudías de Sisebuto": 107. Os bispos son Agapio de Tucci (Martos, Xaén), Agapio de Córdoba e Cecilio de Mentesa (La Guardia, Xaén) 
  4. Luis A. Garcia Moreno (2005). Edicións Rialp, ed. "Los judíos de la antigua España: desde el primer encuentro al primer repudio" (en castelán): 184 (páx. 128). 
  5. "El rey visigodo que encargó escribir un tratado dedicado a los eclipses para acabar con la superstición de sus súbditos". es.noticias.yahoo.com (en castelán). Consultado o 2022-07-02. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]