Podcast

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha icona dunha fonte de novas RSS, usada adoito para indicar o podcast dunha páxina web.

Un podcast é un xeito de publicar ficheiros multimedia, habitualmente de son (en formato MP3 ou ogg), utilizando RSS para facilitar a subscripción. Os ficheiros quedan almacenados nun servidor de internet, e os subscritores baixan os ficheiros automaticamente mediante un software de subscripción. Esta tecnoloxía asóciase á idea de Radio baixo demanda, xa que permite aos ouvintes escoitar os programas de radio cando o desexen. Para alén da subscrición mediante feed RSS, os podcast adoitan ter unha web, e un reproductor de audio online para facilitar a escoita.

Historia[editar | editar a fonte]

O termo orixinouse o 12 de febreiro de 2004 pola combinación de broadcast co reprodutor de Apple Computer, iPod[1], creando unha contracción con ambas as palabras.

En galego[editar | editar a fonte]

En outubro de 2005 publicouse o primeiro podcast en galego chamado e-music, un programa de música electrónica, arte e tecnoloxía dirixido por Isaac González e que tamén se emitía en CuacFM. Seguíronlle outros como Casatlántica de María Lado, Ouveos na noite de Zimer103 ou Areias Sonoras de Ictioscopio. A éstes seguiríanlles moitos outros ata a actualidade, que foron refleados en Podgalego.

Podgalego[editar | editar a fonte]

En abril de 2006 a raiz da cantidade de podcast en galego que se ían creando e coa intención de amosar e ordenar os podcast así como dar a coñecer a tecnoloxía naceu podgalego. Os principais creadores de podgalego foron Isaac González (do podcast e-music) e Uxío Broullón (de Areias sonoras). A páxina tras 7 anos de actividade e xunto cun certo declíneo do podcasting desapareceu, ainda que no 2016 coincidindo co décimo aniversario apareceu de xeito renovado tamén coincidindo coa nova auxe do podcasting coincidindo coa expansión dos teléfono intelixentes.

Ver tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]