Ervixio
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Ervixio | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 643 |
Falecemento | 15 de novembro de 687 |
Toledo | |
Ocupación | monarca |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ervixio, finado no ano 687, foi un rei visigodo que reinou entre os anos 680 e 687.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Usurpador do trono de Toledo, en conxura con outros nobres, traizoou o rei Vamba. Foi coroado e unxido en 21 de outubro de 680 (680 - novembro 687). Perseguiu aos xudeus sendo axudado niso polo bispo Xiao de Toledo, el propio un xudeu converso. Casou con Liuvigoto, filla de Suíntila, rei dos Visigodos (621-635) e de Teodora, neta do rei Recaredo I e de Bado, filla de Fonso, conde dos Patrimonios.
Co obxecto de asegurar o trono, casou á súa filla Cixilona con Éxica, un sobriño de Vamba, buscando unir así ás dúas familias e evitar que os nobres partidarios de Vamba tratasen de recuperar o poder tras a súa morte.
No 687, Ervixio enfermou gravemente e designou como sucesor ao seu xenro Éxica, en quen abdicou. Morreu o 15 de novembro dese ano.
Predecesor: Vamba |
Rei dos visigodos 680-687 |
Sucesor: Éxica |