Saltar ao contido

Ramón Menéndez Pidal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Menéndez Pidal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de marzo de 1869 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de novembro de 1968 Editar o valor en Wikidata (99 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de San Justo de Madrid Editar o valor en Wikidata
Vogal da Xunta para Ampliación de Estudos e Investigacións científicas
1907 –
Director Centro de Estudios Históricos (pt) Traducir, Real Academia Española
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Central Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFiloloxía románica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlingüista, dialectólogo, filólogo, catedrático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Central
Escuela Española de Historia y Arqueología en Roma Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresMarcelino Menéndez Pelayo Editar o valor en Wikidata
AlumnosAntonio Tovar, Manuel García Blanco e Ángel Rosenblat (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
7 de novembro de 1908Un llamamiento. Unión Democrática Española para la Liga de la Sociedad de Naciones Libres (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoFerran Soldevila Zubiburu (pt) Traducir, Rafael Lapesa, Federico de Onís e Joan Coromines i Vigneaux Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMaría Goyri Editar o valor en Wikidata
FillosJimena Menéndez-Pidal, Ramón Menéndez-Pidal y Goyri, Gonzalo Menéndez Pidal Editar o valor en Wikidata
IrmánsLuís Menéndez Pidal
Juan Menéndez Pidal Editar o valor en Wikidata
ParentesDiego Catalán, neto
Álvaro Galmés de Fuentes, sobriño neto
Miguel Catalán, xenro Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteSalmonsens Konversationsleksikon (en) Traducir
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Менендес Пидаль Рамон)
Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Menéndez Pidal (Ramón), p.275) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1020681 BUSC: menendez-pidal-ramon-1869-1968 Dialnet: 82909 Discogs: 5531748 Find a Grave: 19470233 Editar o valor en Wikidata

Ramón Menéndez Pidal, nado na Coruña o 13 de marzo de 1869 e finado en Madrid o 14 de novembro de 1968, foi un lingüista, crítico literario, folclorista e historiador español.

Membro da Real Academia Española de la Lengua desde 1901, e o seu presidente de 1925 a 1939 e de 1947 a 1968. Está considerado como o introdutor da filoloxía moderna en España.

En 1907 propiciou a creación da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas. Entre as súas contribucións conceptuais á lingüística destaca a idea de substrato. Algunhas das súas obras teñen un grande interese específico para Galiza, p.ex. Poesía juglaresca y juglares (1924) ou Toponimia prerrománica hispana (1953).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

Foi bautizado o 18 de marzo de 1869 na Colexiata de Santa María do Campo da Coruña como Ramón Francisco Antonio Leandro. Era fillo do maxistrado Juan Menéndez Fernández, natural de Pajares (Asturias), e de Ramona Pidal, natural de Villaviciosa. Foi irmán de Juan e Luis Menéndez Pidal. Cando tiña trece meses o seu pai foi destituído como Maxistrado por non xurar a constitución de 1869, e a familia mudouse para Oviedo. Alí viviu até os sete anos, cando o seu pai foi rehabilitado no cargo e destinado a Sevilla. Despois a familia mudouse para Albacete, e alí ingresou no Instituto con dez anos para comezar a Segunda Ensinanza, que seguiu en Burgos (segundo curso) e Oviedo (terceiro e cuarto). Xa en 1883 matriculouse no Instituto Cardenal Cisneros de Madrid. Menéndez Pidal referíase a este período da súa formación como «a súa castelanización», segundo escribiu Carmen Conde en 1969, porque «os seus condiscípulos burlábanse dos asturianismos da súa fala».

Na Universidade de Madrid foi discípulo de Marcelino Menéndez Pelayo. En 1893 a Real Academia Española premiou un estudo seu sobre a gramática e vocabulario do Poema del Çid, que publicou anos despois. O seu primeiro libro importante foi La leyenda de los infantes de Lara (1896), estudo exhaustivo da lenda e da súa transmisión até ese momento. Este libro serviu para intentar explicar a totalidade da primitiva épica medieval castelá, até entón descoidada pola crítica. A súa tese defende a orixe oral, anónima e fragmentaria dos cantares de xesta.

Carreira profesional

[editar | editar a fonte]

En 1899 obtivo a cátedra de Filoloxía Románica, que mantivo até a súa xubilación en 1939. Desde a súa cátedra e desde o Centro de Estudios Históricos, institución vinculada ao krausismo da ILE, impulsou a Institución para impulsar as tarefas científicas desde o propio Estado. Este Centro sería precursor do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, fundado en 1939 tras rematar a guerra. Co seu labor académico, no CEH educou toda unha xeración de filólogos españois, como Tomás Navarro Tomás, Américo Castro, Dámaso Alonso, Rafael Lapesa ou Alonso Zamora Vicente, amais doutros que en gran parte marcharon ao exilio ao rematar a guerra.

O 28 de outubro de 1899 ingresou na Real Biblioteca como auxiliar temporal para a elaboración do Catálogo de manuscritos, logo de publicar o ano anterior o Catálogo de Crónicas Generales de España. Estivo vinculado á Biblioteca ata o 5 de abril de 1911, aínda que estivo ausente durante varios períodos por diversas viaxes por Europa e América. En 1904 o rei Afonso XIII nomeouno comisario xeral no laudo arbitral sobre os límites fronteirizos entre Ecuador e o Perú[1]. Aínda que non chegou a completar o Catálogo de manuscritos, axudou a establecer as fontes históricas de España a partir da cronística, e estudou os cancioneiros e romanceiros manuscritos que nela se custodian. Tras rematar a arbitraxe entre Ecuador e o Perú viaxou por outros países hispanoamericanos para estudar neles o Romancero tradicional español que aínda sobrevivía.

En 1900 casou con María Goyri, a primeira muller que estudou na Facultade de Filosofía e Letras de Madrid (1896). Na lúa de mel descubriron a persistencia do Romancero español como literatura oral e comezaron a recoller moitos romances en sucesivas excursións por terras de Castela a Vella. En 1901 foi nomeado membro da Real Academia Española, e o seu mestre Menéndez Pelayo pronunciou o seu discurso de acollida.

En 1902 ingresou na Real Academia Española cun discurso sobre El condenado por desconfiado de Tirso de Molina. En 1904 publicou o Manual de gramática histórica española, que se foi puíndo e enriquecendo en edicións posteriores. De 1906 é «El dialecto leonés», impreso na Revista de Archivos, Bibliotecas y Museos. Seguiu desenvolvendo a súa tese na edición da súa tese doutoral, Cantar del Mío Cid: texto, gramática y vocabulario (1908–1912), edición paleográfica acompañada de importantes notas eruditas, revisadas non obstante pola crítica actual. Reconstruíu ademais a gramática da época a partir do material lingüístico desta obra, o que establecía as bases da súa Gramática histórica. Por esta obra recibiu un premio da Real Academia de la Historia.

Fotografía de Menéndez Pidal (c. 1902), realizada por Christian Franzen.

É interesante sinalar, que o manuscrito do "Cantar del Mío Cid" era propiedade da súa familia. Foi comprado en 1863 polo seu tío avó Pedro José Pidal y Carniado, marqués de Pidal, o que permitiu que Menéndez Pidal o manipulase. Mudou a data que figura no texto, retocou versos e cambiou palabras para facer pasar o poema por máis antigo do que era na realidade.[2] Isto foi denunciado polo hispanista inglés Colin Smith baseándose na análise das tintas do manuscrito con raios X.[3]

O 16 de xuño de 1910 foi nomeado Presidente do Comité Directivo da Residencia de Estudiantes, creada o 6 de maio dese mesmo ano. O 2 de marzo de 1915 foi confirmado nol cargo de Director do Centro de Estudos Históricos, que viña exercendo desde a súa creación. O 21 de maio de 1926 foi elixido vicepresidente primeiro da Xunta de Ampliación de Estudos; todas estas institucións estaban vinculadas cos principios propugnados pola Institución Libre de Enseñanza, e de feito unha das súas fillas foi a pedagoga Jimena Menéndez Pidal Goyri, fundadora do centro de ensinanza Colegio Estudio, cuxo ideario recollía o espírito da ILE.

En 1912 ingresou na Real Academia da Historia cun discurso sobre La Crónica General que mandó componer Alfonso X. En 1914 fundou a Revista de Filología Española, que publicou como anexos as obras de discípulos seus como Navarro Tomás, Rodolfo Lenz, Wilhelm Meyer-Lübke ou el mesmo, e que supuxo unha recuperación do hispanismo en España. Nela publicou estudos sobre Elena y María, os restos do Cantar de Roncesvalles ou sobre o vocalismo na toponimia ibérica.

Menéndez Pidal e María Goyri en 1900, facendo a ruta do Cid na súa viaxe de vodas.

En 1925 foi elixido director da Real Academia Española. Durante a guerra civil española decidiu saír do estado e viviu en Bordeos, Cuba, Estados Unidos e París. En setembro de 1937 inaugurou dous cursos na Universidade de Columbia sobre a historia da lingua española e os problemas da épica e o romanceiro. En Bordeos comezou a escribir a Historia de la lengua Española, obra póstuma publicada en 2005 por Diego Catalán Menéndez-Pidal. En 1939 cesou como director da RAE en sinal de protesta ante as decisións que o poder político tomou sobre a situación dalgúns dos seus membros; porén, volveu ser elixido director en 1947 e seguiu neste cargo ata a súa morte, logrando que as cadeiras de académicos exiliados permanecesen sen cubrir até que falecesen. O 31 de maio de 1950 foi nomeado fillo adoptivo de Burgos con apoio ministerial, obrigatorio por orde circular do 20 de xullo de 1939.[4]

A Revista de Filología Española seguiu publicándose durante a Guerra Civil baixo o coidado de Rafael Lapesa até o tomo 24, correspondente a 1937, baixo a supervisión de Tomás Navarro Tomás e dirección de Emilio Alarcos García, aínda que sufriu algún atraso por falta de papel para a súa impresión no obradoiro de Hernando. O Centro de Estudios Históricos permaneceu activo polo menos durante 1937, abríndose unha sección na Casa da Cultura de Valencia, onde traballaban Dámaso Alonso, Emilio Alarcos García e Antonio Rodríguez Moñino, amais de varios bolseiros e os estranxeiros Bonfante e Ángel Rosenblat. Dado que Menéndez Pidal marchara de España, en 1938 o Goberno da II República cesouno como Director do CEH «por abandono del servicio» mentres estaba dando un curso na Universidade de Columbia de Nova York. Ese mesmo ano o Goberno de Franco suprimiu a Xunta de Ampliación de Estudos e o Centro de Estudios Históricos ante a aparición do Consejo Superior de Investigaciones Científicas. No verán de 1938 Menéndez Pidal trasladouse a París e non recibiu permiso para refresar a Madrid ata o 4 de xullo de 1939, ao pesar sobre el un expediente de depuración, que non foi sobresido até que fixo 83 anos.

En 1941 apareceu o tomo 25 da Revista de Filología Española, aparecendo xa como dependente do CSIC, coas colaboracións de Emilio Alarcos (pai), Dámaso Alonso, José María de Cossío, Vicente García de Diego, Manuel García Blanco, Francisco Rodríguez Marín, María Josefa Canellada, Alonso Zamora Vicente, Francesc de Borja Moll e Rafael Lapesa. Os discípulos de Menéndez Pidal Amado Alonso e Alonso Zamora Vicente crearon dúas revistas de investigación filolóxica en Bos Aires: Revista de Filología Hispánica e Filología.

Prisión Provincial de Ourense. Relación de obras lidas na "lectura en común" en 1940.

En 1910 publicou La epopeya castellana a través de la literatura española, que demostrou a persistencia da tradición épica castelá por medio do Romanceiro e o teatro clásico barroco español. En 1924 publicou Poesía juglaresca y juglares, onde investiga as orixes da poesía en Castela e a súa relación coas cortes nobiliarias, e reconstrúe con diversas testemuñas fragmentarias unha das primeiras serranillas.

Interesouse pola lingua éuscara, e en 1962 publicou En torno a la lengua vasca 1962. Foi membro correspondente da Real Academia da Lingua Vasca. Expresou publicamente a súa preocupación polo futuro do idioma e defendeu a súa protección, así como para as demais linguas de España.[5]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 1961 a Real Academia Galega solicitou que se lle concedese o Premio Nobel de Literatura.[6]

  1. Cfr. Archivo General de Palacio, Personal de Empleados, caja 2651-expediente 29.
  2. Murado (2013), pp. 98–99
  3. Smith (1985)
  4. Diario de Burgos: "Don Ramón Menéndez Pidal, hijo adoptivo" 1 de xuño de 1950.
  5. Diario Vasco, 10 de octubre de 1964
  6. "Sesión de la Real Academia Gallega". El Pueblo Gallego. 24 de decembro de 1961. p. 18. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]