Colin Smith

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaColin Smith
Biografía
Nacemento27 de setembro de 1927 Editar o valor em Wikidata
Brighton, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte16 de febreiro de 1997 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Cambridge, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoHispanismo (pt) Traducir e lexicografía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilólogo , lexicógrafo , entomólogo , profesor universitario , hispanista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 505600

Christopher Colin Smith, nado en Brighton (East Sussex, no sueste de Inglaterra) o 27 de setembro de 1927 e finado en Cambridge o 16 de febreiro de 1997, foi un hispanista e lexicógrafo inglés, profesor de lingua e literatura españolas na Universidade de Cambridge, e tradutor ó inglés de Merlín e familia, a primeira novela en galego de Álvaro Cunqueiro.

Foi unha das mais sobranceiras autoridades en Literatura medieval española no ámbito anglosaxón, e compilador do dicionario bilingüe español-inglés / inglés español de maior éxito no último terzo do século XX.

Os seus intereses abrangueron dende a arqueoloxía e entomoloxía ata a filoloxía e toponimia, ámbitos nos que destacaron a súa impecable e definitiva edición do poema do Mio Cid e o seu traballo como coeditor de The Place-Names of Roman Britain, respectivamente.

Dende 1975 foi catedrático de Español no Saint Catharine's College da Universidade de Cambridge, posto que ocupou ata o seu retiro en 1990.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado nunha familia que amaba o saber e as artes, herdou de seu pai o interese pola arqueoloxía e a paixón por coñecer a historia das cousas, por investigar de onde proceden e como chegan a ser o que son. Os seus primeiros estudos fíxoos na Varndean School, Brighton. A división entre artes e ciencias nunca foi con el. Escolleu as linguas como profesión e como campo de estudo, pero retivo toda a vida o seu interese pola bioloxía. Xa retirado descubriu unha nova mosca no seu Sussex nativo.

Nunha época de ríxida especialización, o seu espírito era xustamente o oposto, e froito dese amor por case todo xorde a súa práctica lexicográfica.

Desde a súa época de estudante universitario estivo vinculado á Universidade de Cambridge: comezou os seus estudos de español no Saint Cath's, licenciándose no 1950. O traballo de profesor levouno ó norte, á Universidade de Leeds, onde permaneceu durante 15 anos no Departamento de Español como profesor de materias relacionadas co Século de Ouro español. O período que vai de 1953-68 correspóndese co da expansión das novas universidades británicas e en 1964 é promovido a profesor sénior ("senior lecturer").

Doutorouse en 1953 cunha tese sobre a linguaxe poética de Góngora, pero dende ese momento comeza a retroceder primeiro cara ó renacemento e logo ata a Idade Media. A súa inclinación filolóxica acabouno convertendo nun medievalista, cun particular interese pola épica. O centro das súas investigacións residiron nun dos grandes poemas épicos europeos, o Poema del Mío Cid. Nunca se amosou temeroso da controversia e a súa edición de 1972 do poema castelán rompía coas prácticas editoriais españolas e atacaba directamente as teorías pidalianas prevalentes.

A súa antoloxía Spanish Ballads de 1964 foi unha guía clásica dos estudos hispánicos no Reino Unido durante moitos anos.

In 1968 regresou a Cambridge como profesor titular ("university lecturer"), e en breve recibiu unha cátedra en Cath's. De 1975 a 1990 foi o catedrático de Español da Universidade de Cambridge. Aínda que desempeñou postos administrativos na Facultade de Linguas Medievais e Modernas, os seus intereses recaeron sempre na docencia e na investigación.[1]

A súa faceta de dicionarista chegoulle case por azar. Foi unha encomenda da editora berlinesa Langenscheidt que quería un dicionario de español e inglés. O Standard Dictionary of Spanish and English apareceu en 1966, e a segunda edición revisada en 1988. Aínda que o propio Colin Smith se queixou da falta de recoñecemento do traballo dos lexicógrafos, isto non lle impediu aceptar o reto do proxecto moito máis ambicioso da Collins. Con colaboradores de Leeds e Nova York, o impresionante Collins Spanish-English English-Spanish Dictionary apareceu en 1971.

A edición revisada de 1988 intentaba cubrir os usos hispanoamericanos, e a cobertura desta e outras áreas do léxico foi aínda moito máis completa na terceira e espléndida edición de 1992.

Co clasicista A.L.F. Rivet o foco da súa investigación centrouse na influencia do substrato céltico sobre o latín británico e o resultado foi o seu libro The Place-Names of Roman Britain aparecido en 1979 e reimpreso en 1981.

Foi presidente (1976-1981) da MHRA (Modern Humanities Research Association) pero sempre prefería que o recoñecesen como felizmente casado e pai de tres fillas.

Xa xubilado, de visita en Galicia coñeceu persoalmente e trabou amizade con dous dos máis importantes novelistas galegos aínda vivos, Alvaro Cunqueiro e Gonzalo Torrente Ballester. Traduciulles para o inglés senllos libros do galego e do español, Merlín e familia e Crónica del rey pasmado.

Principais obras[editar | editar a fonte]

Obras propias[editar | editar a fonte]

  • Diccionario moderno Langenscheidt de los idiomas inglés y español (1966. Berlin: Langenscheidt. 17ª ed [1986]. ISBN 9783468960530)
  • Collins : Spanish-English, English-Spanish dictionary (1971 [1997]. Barcelona: Editorial Grijalbo. ISBN 9788425330823 / 9780062702076
  • Poema de mio Cid (1976 [2001]. Madrid: Cátedra. ISBN 978843760060X)
  • Estudios cidianos (1977. Madrid: Cupsa. ISBN 9788439000537)
  • La Creación del "Poema de Mio Cid" (1983 [1985]. Barcelona: Crítica. ISBN 9788474232643)

Traducións[editar | editar a fonte]

Honras e distincións[editar | editar a fonte]

Aínda que esquivo coas formalidades chegaríanlle os recoñecementos e distincións.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]