Prisión Provincial de Ourense
| Prisión Provincial de Ourense | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons |
A prisión provincial de Ourense é un edificio construído a mediados do século XIX no número 45 da rúa do Progreso, moi próximo ó centro histórico de Ourense. Permaneceu aberta durante máis de 150 anos, mais se encontra abandonada e chea de maleza. Propúxose convertelo nun hotel balneario pero non foi aprobado por falta de investimento.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]A prisión provincial de Ourense foi construída a mediados do século XIX.
Dende 1940 tivo entre as súas actividades a "lectura en común" que se realizaba en grupos de 25 reclusos e onde a asistencia era obrigatoria.[2] Esta actividade incluíase dentro dunha serie (escola, coro, ximnasio, formación relixiosa…) que tiñan como fin reformar, reeducar e rexenerar os delincuentes.
Na prisión estivo recluído Suso Vaamonde, que ingresou de maneira voluntaria tras o seu exilio en Venezuela. Permaneceu ingresado durante 45 días no ano 1984 ata que foi indultado polo Consello de Ministros do Goberno.[3]
Pechou as portas en maio de 1987, coa inauguración do centro penitenciario do Pereiro de Aguiar.[4] Boa parte da súa documentación histórica pasou ao Arquivo Histórico Provincial de Ourense. Entre os máis de mil libros procedentes da prisión hai información sobre a variedade de penados, expedientes de ingreso, documentación da enfermaría, economato ou o funcionamento do réxime disciplinario.[2]
Dependencias
[editar | editar a fonte]Na primeira planta había unha barbería, un economato, un colexio, unha biblioteca e unha enfermaría. Na planta baixa acudíase ao patio interior onde tamén estaban a cociña e o comedor. Na segunda planta encontrábanse as celas.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Anónimo (maprensa) (20/1/2013). "Antigua Prisión Provincial de Ourense" (blog). Desde mi visor (en castelán). WordPress. Consultado o 4/5/2019.
- 1 2 Francisco Sandoval Verea. "Los archivos de las instituciones penitenciarias (II)" Arquivado 08 de xuño de 2018 en Wayback Machine. Fronda 45, 2013 (en castelán).
- ↑ Mar Mato "Manuel María y Vaamonde regresan" Faro de Vigo, 14/2/2016 (en castelán).
- ↑ "La vieja cárcel: memoria de la represión, 35 años en el olvido y la idea de sede institucional". Faro de Vigo. 5 de febreiro de 2022. Consultado o 9 de xullo de 2024.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Prisión Provincial de Ourense |