Saltar ao contido

Rías Baixas (serie de televisión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rías Baixas (serie)»)

Rías Baixas
 Instancia de
 Título
Rías Baixas (gl) Editar o valor en Wikidata
Características
 Cor
 Xénero artístico
 Lingua orixinal
Implicados
 Director/a
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
2000 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
2005 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Nº de episodios191 Editar o valor en Wikidata
Nº de tempadas6 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt0262175 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Rías Baixas é unha serie de televisión producida por Continental TV e Zénit TV para a Televisión de Galicia, emitiuse durante seis temporadas entre o 2000 e o 2005 cun total de 191 episodios de 60 minutos de duración cada un. No ano 2002 conseguiu tres premios Chano Piñeiro, á mellor realización, mellor montaxe e mellor actriz secundaria (Finola Vázquez), ademais doutras 11 nomeamentos entre as que estaban ás de mellor serie ou filme de ficción, mellor actor protagonista (Tacho González) ou mellor actriz protagonista (Sonia Castelo).

Ambientada na Comarca do Salnés, Rías Baixas conta a historia dunha poderosa saga familiar, os Lantaño.

A familia dos Lantaño, grandes e poderosos propietarios de adegas e viñedos na comarca do Salnés, está a celebrar as vodas de ouro do patriarca Don Ramón e de Dona María. A historia comeza coa chegada a Cambados de Gloria Leiro, unha muller atractiva e intelixente que vén da Arxentina convidada por Don Ramón. Gloria chega para coñecer o seu benfeitor desde que era unha nena, tras a morte de seu pai. A súa presenza, rodeada de moito misterio, destapa conflitos internos na propia familia, como o malentendido entre Diego e Gonzalo, a caótica situación matrimonial de Olalla e a vontade do patriarca don Ramón de cambiar o testamento. Todo sucede o día da celebración do aniversario, cando a tráxica e provocada morte do patriarca desencadea a loita de Gonzalo por conseguir o que considera seu, custe o que custe.

Gloria quedará en Cambados coa súa filla adoptiva e loitará por coñecer a verdade dos feitos ocorridos anos atrás e por introducirse no negocio vitícola.

A partir deste momento os negocios e paixóns, pasados escuros, ausencia de escrúpulos, amores imposibles... serán os protagonistas.

Elenco de actores

[editar | editar a fonte]

Lista de intérpretes

[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos (3 & 17)

[editar | editar a fonte]
AnoCategoríaReceptorResultado
2001Mellor serie ou filme de ficciónZenit Multimedia, Costa Oeste e TVGNomeada
Mellor directorJesús SeguraNomeado
Mellor interpretación masculinaTacho GonzálezNomeado
Mellor interpretación femininaSonia CasteloNomeada
Mellor interpretación secundariaFinola VázquezGañadora
Mellor montaxeGerardo RodríguezGañador
Mellor realizaciónLuis SeguraGañador
AnoCategoríaReceptorResultado
2002Mellor serie de televisiónZenit Multimedia, Costa Oeste e TVGNomeada
Mellor actorMarcos OrsiNomeado
Mellor actrizBelén ConstenlaNomeada
Mellor montaxeGerardo RodríguezNomeado
Mellor fotografía e iluminaciónSaid Omala e Jacobo MartínezNomeados
2003Mellor serie de televisiónZenit Multimedia, Costa Oeste e TVGNomeada
Mellor realizadorGerardo RodríguezNomeado
Mellor montaxeSandra SánchezNomeada
Mellor fotografía e iluminaciónJacobo MartínezNomeado
Mellor deseño de vestiarioCarmen CasalNomeada