Xosé Manuel Conde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé Manuel Conde
Nacemento 29 de xaneiro de 1950
Cádiz Andalucía Andalucía
Profesión actor
http://www.lambriaca.com/

Xosé Manuel (ou Xosé Manoel) Conde, nado en Cádiz en 1950 é un músico, autor e actor teatral galego. Así mesmo ten experiencia na dirección teatral e na redacción de guións para radio e televisión.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comeza en Cádiz a unha idade temperá a traballar no grupo local de teatro Arlequín Pequeño Teatro. É no ano 1973 cando se traslada a Vigo onde continúa ligado ao teatro como actor en distintos grupos teatrais, ao tempo que comeza a escribir obras teatrais.

A raiz de colaborar nunha obra de teatro musical, comeza a súa andaina musical e así a finais dos anos setenta grava un par de LP´s que teñen certa repercusión dentro do panorama musical galego. A canción Xa non sei do seu primeiro disco Bule, berra, chora tivo moita repercusión a nivel galego. A pesar de non ter gravado máis discos, segue a traballar na composición musical facendo bandas sonoras para algunhas das súas obras teatrais. A súa experiencia como actor teatral sérvelle para intervir en varias películas e series de televisión.

Foi profesor de teatro na Universidade Popular de Vigo e na Escola de Maxisterio de Vigo.

Traballos[editar | editar a fonte]

Actor teatral[editar | editar a fonte]

  • Grupo de Teatro Arlequín Pequeño Teatro (1968-1972).
Calígula de Albert Camus (actor principal).
Casanova (actor principal).
A Peste.
Séneca (Principal).
Don Juan Tenorio (Farsa).
Pasos de Juan de Buenalma de Lope de Rueda.
El Caraqueño.
Mi Guerra etc.
  • Grupo de Teatro Esperpento de Vigo (1973-1975).
La Farsa de Bululú.
El Vendedor de J.A. Perozo.
  • Xerfa Teatro (1977) (dirección).
Oratorio.
  • T.B.O. Teatro (infantil, 1979-1983, co-autor e co-dirección).
A Tempestade.
A Fraga (danza e dramaturxia).
O Pescador de Baleas (mimo e danza).
Náufragos.
  • Fulano, Mengano e Citano (1994-2006).
Feito en Galiza.
Cheiro de Estrelas I.
Cheiro de Estrelas II.
Shsss…Calma!!
O Faro.
Arte (Yasmina Reza).
Chicho e a Santa Compaña.
  • Lambríaca Produccións,S.L. (2007-2009).
Chicho e a Santa Compaña.
(ETTS) Estes Terrestres Teñen Stress.
Benito Bienvenido “O Casting”.
Benito de Cruceiro.
Os CloCló.
Karaoke.

Autor dramático teatral[editar | editar a fonte]

  • Colón (1965).
  • Una Muerte estúpida (1966).
  • Extraños (1967).
  • El Subconsciente (1968).
  • Feito en Galicia (1994).
  • Cheiro de Estrelas I (1996).
  • Cheiro de Estrelas II (1999).
  • Shsss, Calma! (2003).
  • O Faro (2005).
  • Arte de Yasmina Reza (adaptación ao galego).
  • Chicho e a Santa Compaña.
  • O Testamento.
  • Arquitectura.
  • (ETTS) Estes Terrestres Teñen Stress.
  • A Herdanza.
  • Benito de Cruceiro.
  • Karaoke.

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Premios literarios de poesía e publicacións de poemas na revista Marejada.

Guionista de televisión[editar | editar a fonte]

  • Guionista e actor principal da serie de TVE, Trapouso (1978)
  • Co-guionista e actor principal (Profesor Lampantín) da serie da TVG. O campo de atrás (1988)

Guionista de radio[editar | editar a fonte]

  • Co-guionista e colaborador en distintos programas da COPE xunto con Víctor F. Freixanes entre os que destacou o programa Galiza Homes e Terra.
  • Guionista e colaborador en varios programas da emisora Radio Noroeste e Radio Popular.

Música: Como compositor, cantautor e produtor[editar | editar a fonte]

  • Dous discos gravados como cantautor: Bule, Berra, Chora e A nosa Música
  • Un disco co Grupo Castaña.
  • Un disco co Grupo O Muíño.
  • Produtor do grupo Cuarto Creciente.

Bandas sonoras Teatrais[editar | editar a fonte]

  • Quinto centenario
  • Cheiro de Estrelas I
  • Cheiro de Estrelas II
  • Shss…Calma!
  • O faro
  • Chicho e a Santa Compaña
  • Benito Bienvenido “O Casting”
  • Benito de Cruceiro
  • Karaoke

Actor de televisión[editar | editar a fonte]

  • El Hotel de los Lios, con Lina Morgan (secundario, 1994)

Tamén participou nalgúns episodios das series da TVG:

Actor de cine[editar | editar a fonte]

  • Huídos (secundario, 1992)
  • La Barbería (principal) Curtametraxe de García Pinal (1993)
  • La Leyenda de la Doncella (secundario) de J. Pinzás(1995)
  • La Ley de la Frontera (actor secundario) de Aristarain(1995)
  • El Rey del Río (actor secundario) de G. Aragón.(1995)
  • Lena (actor secundario) de Gonzalo Tapia (2001)
  • Gran Curva (Co-protagonista). Curtametraxe de Roi Cagiao.
  • O Labirinto Ario (secundario)
  • Cherrilla
  • Ayágora
  • Caravana

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]