Sonia Castiñeiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sonia Castiñeiras
Nacemento14 de abril de 1976
 Bilbao
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónactriz
editar datos en Wikidata ]

Sonia Castiñeiras Neira, nada en Bilbao o 14 de abril de 1976, é unha actriz galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de participar na fundación da compañía de teatro Tacón Teatro, coa que interpretou papeis en "Banalidades Ováricas" e en Os vellos non deben de namorarse comezou a traballar para a televisión ao representar un papel principal (Leonor) na serie da Televisión de Galicia, Rías Baixas, nas tempadas de 2000 a 2005.

Ao seu remate participou nunha produción de ficción en formato cine para televisión para o Institut de Cinema Catalá, Música secreta, dirixida por Joan Mallarach. Completou a súa actividade nos anos seguintes intervindo puntualmente noutras series de televisión, como A vida por diante, en anuncios, curtametraxes ou vídeos musicais. Na primavera do 2008, incorpórase o elenco da serie Libro de familia (TVG)[1], para encarnar a personaxe de Maribel.

Notas[editar | editar a fonte]