Xan Cejudo
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1947 A Coruña, España |
| Morte | 27 de setembro de 2018 |
| Actividade | |
| Ocupación | actor |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Xan Cejudo, nado na Coruña en 1947 e finado o 27 de setembro de 2018,[1] foi un actor e director galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iniciou a súa carreira teatral nos anos sesenta coa compañía O Facho. Foi autor, director, axudante de dirección e actor. Traballou como intérprete nas series da TVG Pratos combinados, Mareas vivas e Rías Baixas, e na película Quen a ferro mata no papel do narcotraficante Antonio Padín.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Maruxa Villanueva, 2005.
- Mellor actor no Festival de Cine Social de Castela-A Mancha por Dies Dei, 2010[2]
- Premio de Honra Marisa Soto, 2011.
- Premio Mestre Mateo ao mellor actor secundario por Quen a ferro mata, 2020[3]