Príamo

Morte de Príamo a mans de Neoptólemo, fillo de Aquiles, ánfora ática , h. 520-510 a. C., Museo do Louvre.
Na mitoloxía grega Príamo (grego Πρίαμος Príamos), era o rei mítico de Troia na Guerra de Troia. Fillo de Laomedonte e da ninfa Estrimón, filla do Escamandro. Apolodoro di que segundo algúns a nai de Príamo era Placia, filla de Otreo; e segundo outros era Leucipe.
![]() |
Este artigo sobre mitoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |