Laomedonte
| Laomedonte | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
| Biografía | |||||||
|
Sexo
| |||||||
| Actividade | |||||||
|
Cargo ocupado
| |||||||
| Familia | |||||||
|
Pai
| |||||||
|
Fillo/a
Titono (pt)
Astyoche (en) Medesicaste (en) Hesíone (pt) Proclia (en) Cilla (en) Nauprestides (en) Aethilla (en) Lampus (pt) Príamo Hicetaon (pt) Antigone of Troy (en) Bucolion (en) Clytius (en) Clytodora (en) | |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
Laomedonte é unha figura da mitoloxía grega, rei de Troia e pai de Príamo, Titono e Hesíone.
Histora e características
[editar | editar a fonte]Para construír a muralla da cidadela Laomedonte pregou axuda a Zeus, que mandou a Poseidón e Apolo que o axudasen, como castigo por terse rebelado contra o rei do Olimpo. En troco da axuda, Laomedonte prometeulles uns cabalos invencíbeis que Zeus lle regalara, mais cando o labor estivo rematado negouse a entregar o convido e aínda os ameazou.

Poseidón destruíu os muros e envioulle un monstro mariño. Laomedonte non tivo outro remedio que ofrecer a súa propia filla, Hesíone, en sacrificio ao monstro. Atada a unhas rochas, agardaba a súa sorte a rapaza, cando a fortuna quixo que por alí pasasen os Argonautas camiño da Cólquida. O mesmo Hércules desencadeou a Hesíone e matou o monstro, logo de que Laomedonte lle ofrecese os cabalos entón ao heroe. Porén, unha vez realizado o traballo, Laomedonte negouse a entregar os animais.
Furioso, Hércules arrasou Troia e matou a Laomedonte e os seus fillos, mais levou consigo a Hesíone e entregouna como esposa ao soberano de Salamina, Telamón.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Laomedonte |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hixino Astrónomo Fabulae 89
- Diodoro Sículo, Bibliotheca Historia, IV 42.2-7, 49.3-7.
- Homero, Ilíada, V 638-42, XXI 441-458.