Laocoonte
Laocoonte | |
---|---|
![]() | |
Lugar de nacemento | Troia |
Lugar de falecemento | Troia |
Nacionalidade | Troia |
Ocupación | Apollo priest |
Pai | Acoetes e Cápis |
Cónxuxe | Antiope |
Fillos | valor descoñecido e Antiphas |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Na mitoloxía grega Laocoonte (ou Laoconte; en grego Λαοκόων Laokóōn) era o sacerdote de Apolo Timbreo en Troia, casado con Antiopa e pai de dous fillos. Segundo o relato de Virxilio na Eneida, despois de que os cercadores aqueos simulasen unha retirada, os troianos atoparon un cabalo construído de madeira nas portas de Ilión.
Laocoonte pronuncia a famosa frase Timeo Danaos et dona ferentes (Desconfío dos dánaos (gregos) mesmo cando traen agasallos),[1] alertando os troianos de que podería ser unha trampa, que dentro do cabalo podía haber tropas aqueas e suxeriu queimalo, pero os troianos non lle fixeron caso. Na súa ousadía lanzou paus en chamas para tratar de queimar o cabalo de madeira, nese intre dúas grandes serpes emerxeron das augas e devoraron os seus fillos; angustiado, guindouse a loitar contra as serpes resultando tamén devorado.
Virxilio explicou que da tradición se desprende que o castigo de Laocoonte se debe á profanación que supón tratar de destruír un agasallo á deidade, razón pola cal ninguén creu nel. Outra tradición di que Laocoonte rompera a prohibición de Apolo ao casar e ter fillos. Outra fonte sinala que Laocoonte profanara a imaxe de Febo, cando se uniu en himeneo diante da imaxe.
O conxunto escultórico do Laocoonte[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Laocoonte e os seus fillos.
O conxunto escultórico do Laocoonte pertence á escola de Rodas. Os seus autores foron Aguesandro, Polidoro e Atenodoro. Foi esculpido orixinalmente en mármore rosado e branco. Mide 2 metros e 42 centímetros. Atópase exposto actualmente nos Museos Vaticanos.
A escultura representa o intre no que o sacerdote (Laocoonte) e os seus dous fillos son atacados por serpes. Segundo os críticos de arte o conxunto escultórico representa a impotencia e a dor sobrehumana. Teorizadores sobre a arte como Lessing propuxeron a partir do estudo do berro de Laocoonte unha poética sobre a arte.
Ten unha estrutura oblicua, de vulto redondo; desaparecen a serenidade e o equilibrio clásicos. O período helenístico resalta polas súas catro escolas: a de Atenas, a de Alexandría, a de Rodas e a de Pérgamo. As principais fontes do helenismo foron as cidades e esta escola xurdiu tras a morte de Alexandre Magno.
Cando a escultura se descubriu en 1506, faltáballe o brazo dereito, polo que se fixo un novo brazo en posición estendida. Con todo, cando en 1957 se descubriu o brazo orixinal, estaba dobrado, precisamente na posición que Miguel Anxo propuxera para a reconstrución. A estatua foi adquirida para O Vaticano polo Papa Xulio II.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Eneida II, 49.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Laocoonte |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galicitas posúe citas sobre: Laocoonte |
- Restauracións do Laocoonte, sobre o brazo perdido do Laocoonte e as súas restauracións.
- Redescubrindo o Laocoonte, crónica do seu achado en 1506