Bertel Thorvaldsen
Bertel Thorvaldsen | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Albert Bertel Thorvaldsen |
Nacemento | 19 de novembro de 1770 e 13 de novembro de 1768 |
Lugar de nacemento | Copenhague |
Falecemento | 24 de marzo de 1844 |
Lugar de falecemento | Copenhague |
Nacionalidade | Dinamarca |
Alma máter | Royal Danish Academy of Fine Arts |
Ocupación | escultor |
Fillos | Carlo Thorvaldsen |
Coñecido por | Jason with the Golden Fleece, Christus, Löwendenkmal, Monument to Prince Józef Poniatowski in Warsaw e Nicolaus Copernicus Monument in Warsaw |
Premios | Ordem de Frederico, Orde do Mérito das Ciencias e as Artes, Thorvaldsen Medal, Pour le Mérite, Order of the Iron Crown e Ordem de Dannebrog |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Albert Thorvaldsen, coñecido como Bertel Thorvaldsen, nado en Copenhague o 19 de novembro de 1770 e finado na mesma cidade o 24 de marzo de 1844 foi un escultor dinamarqués.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Era fillo dun islandés que se instalou en Dinamarca e alí dirixiu un comercio de esculturas en madeira. Estudou na Academia de Arte de Copenhaguen, onde obtivo moitas distinción, incluída a medalla de ouro. De aí marchou a Roma cunha bolsa de estudos.
En 1819 regresou de visita ao seu país, no que foi contratado para facer unha serie de estatuas colosais de Cristo e os doce apóstolos para a reconstrución da Vor Frue Kirke, a Catedral de Copenhaguen, entre 1817 e 1829, tras ter sido destruída no bombardeo británico de Copenhaguen en 1807. Os traballos iniciáronse tras o seu retorno a Roma e non remataron até 1838, cando Thorvaldsen volveu para a Dinamarca.
Morreu de súpeto cando estaba no Teatro Real de Copenhaguen, o 24 de marzo de 1844.