Saltar ao contido

Buda (cidade)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Buda
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Historia
 Acontecementos importantes
1530Siege of Buda (en) Traducir
1540Siege of Buda (en) Traducir
1541Cerco a Buda (1541) (pt) Traducir
1598Siege of Buda (en) Traducir
1602Siege of Buda (en) Traducir
1603Siege of Buda (en) Traducir
1684Siege of Buda (en) Traducir
1686Cerco de Buda (1686) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Irmandado con
Capestrano (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
Códigos e identificadores
VIAF133624069 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0nm0h Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Buda (en alemán: Ofen, en croata: Budim, en serbio: Будим) é a parte occidental da capital de Hungría, Budapest. Está situada na beira dereita do río Danubio, que a separa de Pest, a beira esquerda da cidade. Disque o nome de Buda ven do seu fundador, Buda ou Budda, aínda que é máis probable que derive dunha palabra locar que significa "auga", pode que como referencia ao río Danubio. Buda abrangue un terzo do territorio de Budapest e é na súa maior parte boscoso e montañoso. Asóciase normalmente cun nivel alto de vida, aínda que depende da zona.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Buda foi a capital de Hungría desde o ano 1361 ata a súa captura polos otománs en 1541. A nova capital pasou a ser Pressburg, o nome alemán da actual capital de Eslovaquia, Bratislava. En 1656 Buda foi capturada desta vez por Austria, pero debido á súa devastación pola guerra, numerosos alemáns foron levados para axudar a reconstruír a cidade. Buda foi declarada cidade libre en 1703 e volveu ser a capital de Hungría en 1784. Buda uniuse coas cidades de Óbuda e Pest en 1873 para formar a actual Budapest.