Condado de Békés (Húngaro: Békés megye; Romanés: judeţul Bichiş; Eslovaco: Békešská župa) é un condado administrativo (megye) situado no sueste de Hungría, na fronteira con Romanía. O condado fai fronteira cos condados húngaros de Csongrád, Jász-Nagykun-Szolnok e Hajdú-Bihar. A capital do condado de Békés é Békéscsaba. O condado forma parte da eurorexión Danube-Kris-Mures-Tisa.
Békés está situado na gran chaira húngara. O condado ten unhas precipitacións medias anuais de 645mm/ano . Un quinto das reservas húngaras de gas atópanse no condado. O río Körös/Criş é o maior río que atravesa o condado.
O condado ten unha poboación de 392.000 habitantes (2001). Máis do 60% da poboación vive en vilas. Despois da maioría húngara , as minorías maiores son os eslovacos (7.000), os xitanos (5.000), os romaneses (4.000), os alemáns (1.500) e os serbios (400).
A estrutura rexional do condado de Békés é típica da gran chaira húngara: o condado posúe poucas vilas pero as que ten, teñen unha destacable poboación. O 70% da poboación vive en vilas e cidades, o 17% viven na capital do condado.