Islamabad
Islamabad | |
---|---|
اسلام آباد | |
![]() | |
Localización | |
País | ![]() |
Rexión | Punjab |
Distrito | Territorio da Capital Islamabad |
Xeografía | |
Altitude | 457-1.604 msnm |
Superficie | 120 km² |
Demografía | |
Poboación | 1 151 868 hab. (2011) |
Densidade | 1.271 hab/km² |
Outros datos | |
www.islamabad.gov.pk |
A cidade de Islamabad (en urdú اسلام آباد que significa: "Cidade do Islam") é a capital de Paquistán. Está situada ao nordés do país, no Territorio da Capital Islamabad. Historicamente parte do territorio formaba parte da rexión do Punjab e outra parte de Khyber Pakhtunkhwa. Ten unha poboación de 1 151 868 habitantes (resultados preliminares do censo de 2011) [1].
Historia[editar | editar a fonte]
En 1958 decidiuse escoller unha comisión para elixir unha nova capital do novo estado que substituíra a Karachi a ao ano seguinte decidiuse por unha zona a 15 km ao nordés de Rawalpindi. Un grupo de urbanistas, baixo a dirección do grego Constantinos A. Doxiadis, foi encargado do deseño da nova urbe. O 24 de febreiro de 1960 [2] o goberno paquistaní decidiu darlle o nome de Islamabad e no ano 1961 comezaron as obras.
No ano 1967, Islamabad converteuse xa oficialmente na capital do Paquistán. En 1970 remataron os traballos de construción.
En outubro de ano 2005 a cidade viuse afectada polo terremoto que sacudiu o subcontinente indio.
Xeografía e clima[editar | editar a fonte]
Islamabad está situada no altiplano de Pothohar, a unha altura entre 457 m e 610 m, ao sur dos Altos de Margalla, a uns 15 km da cidade de Rawalpindi (antiga capital do país entre 1959 e 1968) e tamén cerca da de Gakhar.
O clima está en parte regulado por tres lagos artificiais (Rawal, Simli e Khanpur), mais é con todo un clima extremo, con veráns moi calorosos e con choivas monzónicas en xullo e agosto; os invernos son moi fríos con nevaradas frecuentes sobre os altos e máis raras na cidade. As temperaturas oscilan entre un mínimo de -3,9 °C en xaneiro e un máximo de 46,1 º no mes de xullo.
Demografía[editar | editar a fonte]
- Censo de 1981 - 204.364 habitantes .
- Censo de 1998 - 529.180 habitantes (censo oficial)
- Cálculos para 2006 - 794.531 habitantes.
- Resultados preliminares do censo de 2011 1 151 868 habitantes
Turismo[editar | editar a fonte]
- Área Azul, o centro financeiro de Islamabad.
- Avenida da Constitución.
- Monumento Nacional, preto de Shakarparian.
- Mesquita de Faisal, un dos monumentos emblemáticos de Islamabad's most; unha grande mesquita, agasallo do rei Faisal da Arabia Saudita.
- Altos de Margalla, outeiros que arrodean a cidade.
- Museo Lok Virsa.
- Museo de Historia Natural do Paquistán.
- Museo de Islamabad.
- Galería Nacional de Arte.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Pak population increased by 46.9% between 1998 and 2011". The Times of India. 29 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 7 de setembro de 2013.
- ↑ Doxiadis, Constantinos. "Projects- Islamabad the Capital of Pakistan" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de outubro de 2007. Consultado o 8 de setembro de 2013.
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Islamabad |