Corredor de Wakhan
| Tipo | rexión xeográfica saínte corredor xeopolítico | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| División administrativa | Badaghxán, Afganistán | ||||
| |||||
| Comparte fronteira con | Paquistán República Popular da China Tadjiikistán | ||||
| Características | |||||
| Dimensións | 18 ( | ||||
| Superficie | 10.300 km² | ||||
| Historia | |||||
| Data de creación ou fundación | 1893 | ||||

O corredor de Wakhan, tamén chamado corredor de Vakhan (en persa: واخان) é un estreito corredor xeográfico localizado na cordilleira do Pamir que conecta Afganistán e a China. Pertence á provincia afgá de Badaghxán e ten fronteira con Tadjiikistán, ó norte, e Paquistán, ó sur, ademais de coa China ó leste. O corredor ten 12 000 habitantes.[1]
O termo corredor de Wakhan (Wakhan Corridor) emprégase ás veces erradamente para referirse a toda a rexión do Wakhan e tamén en senso contrario e máis restrinxido, para referirse soamente á ruta que discorre ó longo do río Panj e do río Wakhan e que leva até a China; neste caso, a parte norte do Wakhan coñécese como o Pamir afgán (Afghan Pamir).[2]
Historia
[editar | editar a fonte]Historicamente a rexión de Wakhan foi unha importante rexión xa que é onde se atopan o extremo occidental de Asia central e Asia oriental. Antes da chegada do islam a rexión estivo en disputa entre o Tíbet e a China.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "In Icy Tip of Afghanistan, War Seems Remote".
- ↑ Aga Khan Development Network (2010): Wakhan and the Afghan Pamir Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. pag. 3.
