Polígono industrial do Campiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°24′26″N 08°35′06″O / 42.40722, -8.58500

O Polígono Industrial do Campiño é unha área industrial situada entre as parroquias de Marcón (Pontevedra) e Tourón e Xustáns (Ponte Caldelas). Sitúase na aba do monte da Fracha, a 7,5 km da cidade de Pontevedra.

Accesos[editar | editar a fonte]

Está a carón da estrada PO-532, que une Pontevedra e Ponte Caldelas. No lugar da Reigosa tómase a vía PO-0004, que leva á rúa Chan da Parafita, a arteria norte-sur do polígono.

Ampliación[editar | editar a fonte]

Actualmente estase facendo unha grande ampliación do polígono, que vai limitar coa PO-0206 polo oeste e coa subida ao lugar de Baltar polo sur.

Empresas[editar | editar a fonte]

Entre as empresas con sede no Campiño destaca Reyes Hermanos (distribuidora de fariña), A Devesa (panadería e repostería), Moldes (alimentación) ou Cristalería Pontevedresa.

En xuño de 2008, Telmo Martín, voceiro local do PPdG, propuxo levar ao Campiño (logo dunha grande ampliación) a Papeleira de Pontevedra, fábrica de pasta de papel que a empresa ENCE ten en Lourizán.

Segundo José Luís Valiñas, presidente da Asociación de Empresarios do Campiño, en xaneiro de 2009 traballaban no polígono máis de 1.500 persoas. Porén, en febreiro dese mesmo ano houbo un ERE na empresa Trèves, auxiliar da factoría de Citroën de Vigo, polo que a cifra descendeu en 300 persoas[1].

Notas[editar | editar a fonte]