Marcón, Pontevedra
| Marcón | |
|---|---|
Igrexa de San Miguel de Marcón. | |
| Concello | Pontevedra[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°24′45″N 8°36′52″O / 42.4125, -8.61444444 |
| Área | 9,16 km² |
| Poboación | 2105 hab. (2017) |
| Densidade | 229,8 hab./km² |
| Entidades de poboación | 13[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Miguel de Marcón é unha parroquia do concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal (INE) en 2017 tiña 2105 habitantes (1012 homes e 1093 mulleres), 15 menos ca no ano anterior.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A parroquia sitúase ao pé do monte da Fracha (545 m). Limita coa Canicouva, Tomeza, Bora, Mourente e Tourón. Está atravesada polo río de Pintos, afluente do río dos Gafos.
No seu momento pertenceu ao concello de Mourente.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A súa igrexa parroquial (do século XX, que mestura estilos románico e gótico), a casa reitoral e a ponte do Couto son as mostras máis destacadas do seu patrimonio monumental. A fonte dos Bañiños é de augas medicinais.
No campo de fútbol do Carrasco xoga o Marcón Atlético, e pola parroquia discorre a proba de rally Subida Cidade de Pontevedra, que remata no polígono industrial do Campiño.
Festas
[editar | editar a fonte]A parroquia celebra as festas de San Miguel os días 29 e 30 de setembro e 1 de outubro.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Marcón
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Marcón no concello de Pontevedra | |
|---|---|
|
Albeiro | A Barcia | A Cardosa | Carracido | A Ermida | Marcón | Pazos | Peralba | Pintos | Ría de Abaixo | Ría de Arriba | Valadares | Vilafranca Non aparecen no Nomenclátor de 2003: A Pedra do Lagarto | Sabarís |