Tourón, Tourón, Ponte Caldelas
Tourón | |
---|---|
Parroquia | Tourón |
Concello | Ponte Caldelas |
Poboación | 182 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Tourón é un dos núcleos da parroquia homónima do concello de Ponte Caldelas. Ten 230 veciños segundo o INE no ano 2007.
Localización[editar | editar a fonte]
A vila é atravesada pola PO-532. Basicamente son dúas rúas amplas: a antiga estrada e a actual que se separan e volven a xuntarse nos extremos do poboamento. Dista doce quilómetros de Pontevedra
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Os petróglifos de Tourón son o principal atractivo turístico. Conta cun museo, e ofrécense visitas guiadas polos 150 000 metros cadrados de extensión da área de gravados. A igrexa de Santa María de Tourón, do século XII (con fachada do século XVIII) é outro lugar destacado.
Destaca tamén o Pazo de Pombal, construído no 1688, no cal residían os comisarios da Inquisición. Actualmente é de propiedade privada.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Tourón[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Tourón no concello de Ponte Caldelas (Pontevedra) | |
---|---|
Buchabade | Contixe | Mirón | A Reigosa | Tourón | Vilarchán |