Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Óscar ó mellor guión adaptado
Instancia de
Nome orixinal
Academy Award for Best Writing, Adapted Screenplay
Fundación / creación
1929
Período de ocorrencia
1 AA
Wikidata C:Commons
O Óscar ó mellor guión adaptado , outorgábase ós escritores que conseguían unha boa historia partindo de materiais alleos ou anteriores (en xeral libros, obras de teatro ou outras películas).
Este Oscar , que se entregaba en paralelo a un ó mellor guión orixinal , outorgouse xa na primeira cerimonia de entrega, cando se premiou ás películas de 1927-28 . Os dous anos seguintes entregouse unicamente un premio xenérico ó mellor guión , sen importar se se partía de material alleo ou orixinal, e que aparece relacionado nesta páxina. Volveuse ó formato inicial entre 1931 e 1934 . Despois, diferenciouse entre un premio para o mellor argumento e outro para o mellor guión, sen diferenciar entre orixinal e adaptado. Este último apartado vén relacionado aquí. Entre 1940 e 1947 volveuse a entregar premios diferenciados para os guións orixinais e para os adaptados.
En 1948 entregouse unicamente un trofeo ó mellor guión, que tamén estará nesta lista. Entre 1949 e 1955 outorgouse un Oscar ó mellor guión , que se inclúe nesta lista, diferenciados dos Óscar ó mellor argumento e Oscar ó mellor argumento e guión . A partir de 1956 e ata a data outórgase este premio con este nome, xunto ó Oscar ó mellor guión orixinal .
Gañadores:
1999 As normas da casa da sidra - John Irving , sobre a súa propia novela.
1998 Gods and Monsters - Bill Condon , sobre unha novela de Christopher Bram .
1997 L.A. Confidential - Curtis Hanson e Brian Helgeland , sobre unha novela de James Ellroy .
1996 Sling Blade - Billy Bob Thornton , sobre a súa propia obra de teatro.
1995 Sense and Sensibility - Emma Thompson , sobre unha novela de Jane Austen .
1994 Forrest Gump - Eric Roth , sobre unha novela de Winston Groom .
1993 A lista de Schindler - Steven Zaillian , sobre unha novela de Thomas Keneally .
1992 Howards End - Ruth Prawer Jhabvala , sobre unha novela de E.M. Forster .
1991 O silencio dos cordeiros - Ted Tally , sobe unha novela de Thomas Harris .
1990 Dances with Wolves - Michael Blake , sobre a súa propia novela.
1989 Paseando a Miss Daisy ("Driving Miss Daisy") - Alfred Uhry , sobre a súa propia obra de teatro.
1988 As amizades perigosas - Christopher Hampton , sobre a súa propia obra de teatro, baseada á súa vez nunha novela de Pierre Choderlos de Laclos .
1987 O derradeiro emperador - Bernardo Bertolucci e Mark Peploe , sobre a autobiografía de Henry Pu-Yi .
1986 Unha habitación con vistas ("A Room with A View") - Ruth Prawer Jhabvala , sobre unha novela de E.M. Forster .
1985 Memorias de África ("Out of Africa") - Kurt Luedtke , sobre as memorias de Isak Dinesen e un libro de Errol Trzebinski .
1984 Amadeus - Peter Shaffer , sobre a súa propia obra de teatro.
1983 A forza do cariño - James L. Brooks , sobre unha novela de Larry McMurtry .
1982 Missing - Costa-Gavras e Donald Stewart , sobre unha novela de Thomas Hauser .
1981 On Golden Pond - Ernest Thompson , sobre a súa propia obra de teatro.
1980 Xente corrente - Alvin Sargent , sobre unha novela de Judith Guest .
1979 Kramer contra Kramer - Robert Benton , sobre unha novela de Avery Corman .
1978 Expreso de medianoite - Oliver Stone , sobre o libro de William Hayes e William Hoffer .
1977 Julia - Alvin Sargent , sobre unha novela de Lillian Hellman .
1976 Tódolos homes do presidente - William Goldman , sobre o libro de Carl Bernstein e Bob Woodward .
1975 Alguén voou sobre o niño do cuco - Bo Goldman e Laurence Hauben , sobre unha novela de Ken Kesey .
1974 O padriño (II parte) - Francis Ford Coppola e Mario Puzo , sobre unha novela deste último.
1973 O exorcista - William Peter Blatty , sobre a súa propia novela.
1972 O padriño - Francis Ford Coppola e Mario Puzo , sobre unha novela deste último.
1971 The French Connection - Ernest Tidyman , sobre unha novela de Robin Moore .
1970 M.A.S.H. - Ring Lardner Jr. , sobre unha novela de Richard Hooker .
1969 Cowboy de medianoite - Waldo Salt , sobre unha novela de James Leo Herlihy .
1968 The Lion in Winter - James Goldman , sobre a súa propia obra de teatro.
1967 Na calor da noite - Stirling Siliphant , sobre unha novela de John Ball .
1966 Un home para a eternidade - Robert Bolt , sobre a súa propia obra de teatro.
1965 Doutor Zhivago - Robert Bolt , sobre unha novela de Boris Pasternak .
1964 Becket - Edward Anhalt , sobre unha obra de teatro de Jean Anouilh .
1963 Tom Jones - John Osborne , sobre unha novela de Henry Fielding .
1962 To Kill a Mockingbird - Horton Foote , sobre unha novela de Harper Lee .
1961 Judgment at Nuremberg - Abby Man , sobre a súa propia serie de televisión.
1960 O fogo e a palabra - Richard Brooks , sobre unha novela de Sinclair Lewis .
1959 Room at the Top - Neil Paterson , sobre unha novela de John Braine .
1958 Gigi - Alan J. Lerner , sobre unha obra de teatro de Anita Loos , baseada nunha novela de Colette .
1957 A ponte sobre o río Kwai - Carl Foreman , Michael Wilson e Pierre Boulle , sobre unha novela deste último.
1956 A volta ao mundo en oitenta días - John Farrow , S.J. Perelman e James Poe , sobre unha novela de Jules Verne .
1955 Marty - Paddy Chayefsky , sobre a súa propia serie de televisión.
1954 The Country Girl - George Seaton , sobre unha obra de teatro de Clifford Odets .
1953 De aquí á eternidade - Daniel Taradash , sobre unha novela de James Jones .
1952 The Bad and the Beautiful - Charles Schnee , sobre unha historia de Charles Bradshaw .
1951 A Place in the Sun - Harry Brown e Michael Wilson , sobre unha obra de teatro de Patrick kearney , á súa vez baseada nunha novela de Theodore Dreiser .
1950 Todo sobre Eva - Joseph L. Mankiewicz , sobre un relato curto de Mary Orr .
1949 A Letter to Three Wives - Joseph L. Mankiewicz , sobre unha novela de John Klempner .
1948 Treasure of the Sierra Madre - John Huston , sobre unha novela de Bruno Traven .
1947 Miracle on 34th Street - George Seaton , sobre unha historia de Valentine Davies .
1946 Os mellores anos da nosa vida - Robert Sherwood , sobre unha novela de MacKinlay Kantor .
1945 A fin de semana perdida - Charles Brackett e Billy Wilder , sobre unha novela de Charles R. Jackson .
1944 Going My Way - Frank Butler e Frank Cavett , sobre unha historia de Leo McCarey .
1943 Casablanca - Philip Epstein , Julius Epstein e Howard Koch , sobre unha obra de teatro de Murray Burnett e Joan Alison .
1942 Mrs. Miniver - George Froeschel , James Hilton , Claudine West e Arthur Wimperis , sobre unha novela de Jan Struther
1941 Here Comes Mr. Jordan - Sidney Buchman e Seton Miller , sobre unha obra de teatro de Harry Segall .
1940 The Philadelphia Story - Donald Ogden Stewart , sobre unha obra de teatro de Philip Barry .
1939 Foise co vento - Sidney Howard , sobre unha novela de Margaret Mitchell .
1938 Pygmalion - Ian Dalrymple , Cecil Lewis , W.P. Lipscomb e George Bernard Shaw , sobre unha obra de teatro deste último.
1937 The Life of Emile Zola - Heinz Herald , Geza Herczag e Norman Raine , sobre un libro de Matthew Josephson .
1936 The Story of Louis Pasteur - Pierre Collings e Sheridan Gibney , sobre unha historia deles mesmos.
1935 O delator - Dudley Nichols , sobre a novela homónima de Liam O'Flaherty .
1934 It Happened One Night - Robert Riskin , sobre unha historia de Samuel Hopkins Adams .
1933 Little Women - Victor Heerman e Sarah Y. Mason , sobre unha novela de Louisa May Alcott .
1932 Bad Girl - Edwin J. Burke , sobre unha novela e obra de teatro de Viña Delmar
1931 Cimarron - Howard Estabrook , sobre unha novela de Edna Ferber .
1930 The Big House - Joseph Farnham , Martin Flavin , Frances Marion e Lennox Marion , guión orixinal.
Categorías Premios especiais Categorías retiradas Cerimonias