Thomas Keneally

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thomas Keneally
Nacemento7 de outubro de 1935
Lugar de nacementoSydney
NacionalidadeAustralia
EtniaAustralianos
Relixióncatolicismo
Alma máterSt Patrick's College, Strathfield
Ocupaciónescritor, dramaturgo, novelista, actor e autor
Coñecido porA lista de Schindler
PremiosMiles Franklin Literary Award, Prémio Man Booker, Helmerich Award, Australian National Living Treasure, Miles Franklin Literary Award, membro da Royal Society of Literature, Officer of the Order of Australia e Colin Roderick Award
Na rede
IMDB: nm0447745 Allocine: 546402 Allmovie: p97166 TV.com: people/thomas-keneally IBDB: 11033
Twitter: ThomasKeneally Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Thomas Michael Keneally, nado en Sydney o 7 de outubro de 1935, é un escritor australiano, autor da novela Schindler's Ark, que foi adaptada ó cinema no filme de Steven Spielberg, A lista de Schindler.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Educouse no St. Patrick's College de Strathfield, onde se estableceu un premio literario que leva o seu nome. Ingresou no Seminario de San Patricio de Manly para ser sacerdote católico, pero abandonouno antes da súa ordenación. Traballou como mestre de escola en Sydney antes do seu éxito como novelista, e foi profesor na Universidade de Nova Inglaterra (1968-1970).

Keneally era coñecido como "Mick" até 1964, pero comezou a utilizar o nome de Thomas xa na súa primeira publicación, seguindo os consellos do seu editor de usar o que é realmente o seu primeiro nome.[1]

En 1983 foi nomeado Oficial da Orde de Australia (AO). É un dos Australian Living Treasures e ó longo da súa vida salientou como un firme defensor da República de Australia, no sentido da ruptura dos lazos coa monarquía británica, e mesmo publicou o libro Our Republic en 1993. Varios dos seus ensaios republicanos aparecen na páxina web do Movemento Republicano de Australia.

Keneally tamén actuou nalgúns filmes. Tivo un pequeno papel en The Chant of Jimmie Blacksmith (baseada na súa novela) e desempeñou o papel de pai Marshall no filme de Fred Schepisi, The Devil's Playground (1976).

En marzo de 2009, o Primeiro Ministro de Australia, Kevin Rudd, regalou unha copia autografada por Keneally da súa biografía de Lincoln ó Presidente dos Estados Unidos Barack Obama como un agasallo de Estado.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Tom Keneally, interviewed by Peter Thompson", Talking Heads, ABC-TV, 30 de xullo de 2007.
  2. Obama lauds Rudd